María Luisa Nache: Ciencia do canto, arte do estilo. Conferencia

Coincidindo cunha dobre efeméride, a do nacemento na Coruña e o seu debut no Festival da Ópera da cidade da soprano María Luisa Nache, a Tempada Lírica dedica varias actividades á insigne cantante, que compartiu escenario con Maria Callas, Mario de Mónaco e Franco Corelli, converténdose nunha das intérpretes da súa corda máis importantes entre as españolas, cunha longa e brillante carreira internacional. Así, entre o 10 e o 24 de setembro, as conferencias e recitais da Tempada Lírica en Afundación estarán acompañadas por unha mostra de varios traxes, algúns bordados pola propia artista, e complementos que a soprano galega luciu nos escenarios.
Nesta primeira conferencia sobre a insigne artista galega que ocupou os máis relevantes escenarios, o catedrático de Canto do Conservatorio Superior da Coruña, Antón de Santiago, analizará os fundamentos da súa traxectoria e as súas principais virtudes canoras.
O faladoiro, que terá lugar o 11 de setembro ás 20.00 h, é de acceso libre ata encher a capacidade.