Coloquio sobre o impacto da L.X. de Comunicación Audiovisual nas linguas cooficiais - Espazo +60 Santiago
O vindeiro mércores 27 de maio, o Espazo +60 de Santiago acollerá o coloquio “O impacto da vixente Lei 13/2022 no tecido audiovisual: cara unha proposta de modificación para combater a exclusión dixital das linguas cooficiais”.
Durante a sesión analizarase o presente e o futuro das linguas cooficiais —galego, éuscaro e catalán— na contorna dixital e audiovisual. O encontro servirá para reflexionar sobre a súa presenza real nas plataformas e na televisión, as barreiras de acceso existentes e as posibles modificacións da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual para avanzar cara a unha sociedade dixital máis inclusiva e lingüisticamente diversa.
A actividade contará coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e do Grupo GEA.
Espazo +60 Santiago
Mércores 27 de maio de 2026
De 17:30 a 19:00 horas
Actividade gratuíta con inscrición previa do 18 ao 26 de maio no Espazo +60.