Pequechefs. Campamento virtual de verán con Afundación

No noso Campamento virtual de verán non podían faltar os Pequechefs, os nosos divertidos e saudables obradoiros de cociña online para aprender a elaborar pratos deliciosos en familia e, desta volta, centrados na estación estival. Pon o mandil e realiza con nós unhas receitas sinxelas, rápidas de facer e saborosas e deixa a tod@s coa boca aberta, e nunca mellor dito, para paparen as túas incribles creacións, aptas para todos os padais.
Mans á masa!
Ensalada grega
Bocadillos para un pícnic
Batidos de verán
Xeado de pexego e coco
Ensalada de tomate e mozzarella con pesto de aguacate
Empanadillas de atún
Zumes de verán
Xeado de plátano veloz
Aquí tes máis información sobre todo o que podes atopar no Campamento virtual de verán con Afundación.