Club de lectura interxeracional, Espazo +60 Vigo
En outubro retomamos o club de lectura, actividade que pretende contribuír a mellorar a comprensión lectora, a dinamizar un ámbito do noso coñecemento que nos axude a estar máis formados e informados. Nas sesións mensuais fixaremos como obxectivo o respecto á opinión allea, fomentaremos que os participantes saiban dialogar e incluso, en moitas ocasións, cambiar de opinión sobre o libro grazas ás interpretacións que achegan os compañeiros.
O método que seguiremos en cada sesión será o siguiente:
- En primeiro lugar, fala cada unha das persoas que participa para expoñer a súa opinión sobre o libro.
- Despois desta primeira rolda, iniciamos un coloquio sobre os temas que poida suxerir a obra.
- Os últimos vinte minutos aproximadamente, o director do club fará unha exposición sobre a peza, o autor, o momento histórico no que se escribiu, a crítica narrativa e literaria, etc.
- Finalizaremos a sesión coa presentación do libro que se lerá durante o mes seguinte.
Docente: Jerónimo Pomares Iribarne
A cita do club de lectura terá lugar os últimos martes e xoves de cada mes.
Próximas datas e obras:
- Diciembre: martes, 17 y jueves, 19. Mesa para dos, de Amor Towles. Ed. Anagrama. 2024
Prezo: 10€/sesión
Inscríbete no Espazo +60 ata o mesmo día da sesión cunha hora de antelación. Prazas limitadas. Se tes algunha consulta, podes contactar con nós no 986 223 337 ou por correo electrónico mais60vigo@afundacion.org