CLUBE DE LECTURA: Celebración do día das letras galegas - Espazo +60 Monforte
Con motivo de festexar o Día das Letras Galegas, os participantes do Club de Lectura do Espazo +60 de Monforte decidiron facer unha lectura en galego.
Trátase da gran novela O cabo do mundo, galardoada co Premio da Crítica de Galicia, que rescata un dos episodios máis sinistros e descoñecidos do franquismo. É unha novela entre a realidade e a ficción que se desenvolve na Ribeira Sacra, entre os concellos do Saviñao e Pantón.
O autor é Xabier Quiroga, nacido no Saviñao, e varios dos integrantes do club de lectura coñéceno persoalmente.
O venres 15 de maio terán a reunión para comentar a novela entre todos.