Chegan ao Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela a raíz do noso programa artístico Sonoro empeño, dous clásicos do cinema silente. Os días 4 e 18 de xuño podes acomodarte nas nosas butacas para veres El maquinista de la General e El fotógrafo. O toque que achegamos? A posibilidade de desfrutares destas xoias do celuloide canda a música en directo de Lois Carlín e Pablo Seoane nos teclados, sintetizador e contrabaixo. Non perdas este luxo sinestésico.
Entradas á venda en Ataquilla.com!
4 de xuño | El maquinista de la General (The General) de Buster Keaton e Clyde Bruckman, 1926 | 20.00 h | Aquí as túas entradas!
18 de xuño | El fotógrafo (The Cameraman) de Buster Keaton e Edward Sedgwick, 1928 | 20.00 h | Aquí as túas entradas!
SONORO EMPEÑO
Arte e música danse a man na capital galega, e transforman o Centro Obra Social ABANCA e o Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela nun potente, dinámico e sonoro altofalante.
O proxecto cultural SONORO EMPEÑO ofrece un compendio de actividades anovadoras e orixinais, con eixe na mostra homónima que conta con algunhas das obras máis destacadas da Colección de Arte Afundación e ABANCA. Un universo de experiencias orientado a diferentes públicos e deseñado para gozar coa música en moitas das súas variantes, e do diálogo desta con outros conceptos coma a pintura, poesía, escultura, cinema, tecnoloxía, cociña ou ciencia. En conxunto, unha oferta encamiñada a xerar unha experiencia musical, sinestésica e inesquecible. A partir do 25 de marzo.