Ciclo de cinema 60+ counts: ORGULLO DE SER MAIOR, na Sede de Pontevedra
En Afundación sumámonos á celebración do 1 de outubro, declarado pola ONU Día Internacional das Persoas de Idade e dedicado neste 2016 á loita contra a discriminación por razón de idade.
Durante outubro e novembro teremos nas sedes e centros de maiores Afundación en toda Galicia un ciclo que explora a ollada máis fresca do cine sobre esta etapa vital, ofrecendo un punto de vista diferente. Presentamos unha selección de películas e personaxes que rachan estereotipos sobre as persoas maiores, desde os Rolling Stones desafiando o tempo e mesmo superando a dicotomía mozo/vello, a mulleres que desafían os prexuízos e as convencións sen importar a súa idade ou persoas que se reinventan despois dos 70 anos. Todo é posible neste ciclo en que reivindicamos o orgullo de ser maior!