Ciclo de conferencias "IA para tod@s explicada polos maiores expert@s" - Espazos +60 Santiago y Ferrol
Afundación impulsa un ciclo especial de conferencias centrado na intelixencia artificial cun enfoque singular: poñer en valor a experiencia e capacidade das persoas maiores como divulgadoras tecnolóxicas. As sesións, impartidas por persoas voluntarias dos Espazos +60, están dirixidas a todas aquelas persoas interesadas en comprender mellor o impacto e as posibilidades da IA na vida cotiá.
O programa comeza o 30 de marzo en Ferrol, coa charla de Florentino Blas Fernández, do Espazo +60 Ferrol, quen impartirá o obradoiro práctico “Como convivir coa IA de forma segura”. Nesta sesión abordaranse ferramentas útiles, consellos para evitar riscos e claves para sacar o máximo proveito do móbil no día a día.
En Santiago de Compostela, Pedro Díaz Ferreiro, do Espazo +60 Santiago, desenvolverá unha serie de tres conferencias baixo o título “A revolución da intelixencia artificial”. A primeira sesión, o 13 de abril, centrarase en proxectos emerxentes como Stargate e Deep Seek. O 20 de abril, a segunda conferencia explorará ferramentas avanzadas como Deep Research e Gemini Live. Finalmente, o 27 de abril, abordarase a creación de imaxes hiperrealistas e a súa aplicación no ámbito creativo e publicitario.
En Ferrol, a actividade é de acceso gratuíto e sen inscrición previa.
En Santiago, a actividade é de acceso gratuíto con inscrición previa chamando ao Espazo +60 (981 580 385).
Para máis información pode consultar chamando aos Espazos +60 de Ferrol (981 323 378) ou Santiago (981 580 385).