CARMINA BURANA de La Fura dels Baus, en Vigo
A derradeira semana do mes de abril, La Fura dels Baus chega a Vigo coa versión de Carmina Burana que ten actualmente en cartel. A compañía catalá ofrecerá no Teatro Afundación Vigo, entre os días 25 e 27 de abril, este monumental espectáculo. Se aínda non tiveches oportunidade de velo, esta é a ocasión.
Colle xa as túas entradas en Ataquilla.com
Duración 1 h 30 min
Non recomendada para menores de 12 anos.
Esta exposición enmárcase no programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración con FESBAL, para axudar os Bancos de Alimentos locais. Convidámoste a colaborar, depositando a túa doazón de alimentos non perecedoiros ao acceder á mostra.
Máis información AQUÍ.
Carlus Padrissa, membro fundador da Fura dels Baus, concibiu un Carmina Burana trepidante onde, a través de impactantes escenas, efectos especiais e mesmo fragrancias primaverais, mergullármonos de cheo no universo da compañía.
Sobre o escenario, un gran cilindro de dez metros de diámetro envolve literalmente a orquestra, mentres unhas imaxes proxectadas sobre el, ilustran toda a obra de principio a fin. Unha lúa xigante, o desxeo, fervenzas de auga, unha éxtase floral, unha vendima en directo, viño, auga e lume... O Carmina Burana da Fura dels Baus é un espectáculo sensorial, musical e teatral, vital e enérxico, que xa foi visto por máis de 410.000 espectadores/as en Europa, Asia e América.
Aproveita para visitares a axenda web e saber de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes e tamén na nosa ticketeira Ataquilla.com para outras actividades escénicas.