Charlas de prevención do ictus e doutras causas do dano cerebral adquirido, Espazos +60
Afundación, en colaboración con FEGADACE, organiza unhas charlas de prevención do ictus e doutras causas do dano cerebral adquirido nos Espazos +60, durante os meses de outubro e novembro.
As sesión estarán centradas en dar a coñecer o Dano Cerebral Adquirido explicando as súas causas (principalmente ictus, nun 80% dos casos, e asociado ao envellecemento da poboación, pero tamén a hábitos de vida actuais), factores de risco, medidas de prevención, signos e síntomas de alarma, pautas de actuación no caso de sufrir DCA, a importancia e abordaxe dos coidados no ámbito comunitario e familiar, os dereitos das persoas con DCA e as súas familias, e a análise e presentación dos recursos de atención socio-sanitarios dispoñibles no ámbito da comunidade autónoma.
Espazo +60
|
Data | Hora |
Ourense |
9/10/2023 | 17.30 horas |
Monforte |
18/10/2023 | 18.15 horas |
Pontevedra |
19/10/2023 | 17.00 horas |
Pontedeume |
23/10/2023 | 17.30 horas |
A Coruña |
24/10/2023 | 18.45 horas |
Lugo |
25/10/2023 | 17.00 horas |
Viveiro |
26/10/2023 | 17.30 horas |
Ferrol |
30/10/2023 | 17.30 horas |
Betanzos |
7/11/2023 | 17.30 horas |
Santiago |
14/11/2023 | 18.00 horas |
Actividade gratuíta dirixida a persoas maiores de 50 anos. Prazas limitadas. Apúntate no teu Espazo +60 ou cubrindo o formulario