Charla sobre a diabetes, Espazo +60 Pontevedra
O Espazo +60 Afundación de Pontevedra continúa coas charlas da aula de saúde, en colaboración co Centro Médico de Pontevedra, para achegar á poboación consellos médicos útiles para unha vida máis saudable. Nesta charla, impartida polo doutor Iago López Gálvez, médico de familia e director asistencial do Centro Médico Pontevedra, falarase sobre a diabetes, sobre as causas que levan ao desenvolvemento da diabetes tipo 2, como se absorbe a glicosa no noso intestino, como xestionamos o seu nivel en sangue e que podemos facer para controlala antes de chegar aos medicamentos.
Esta iniciativa enmárcase na oferta de actividades do proxecto de Envellecemento Activo de Afundación, que permite ás persoas participantes atopar nesta etapa vital novas oportunidades de crecer persoalmente, de seguir formándose, de continuar en contacto cos temas emerxentes e contribuíndo activamente na sociedade, á vez que se goza de boa saúde.
O acto desenvolverase na Sede de Afundación, R/ Augusto González Besada, 2- 4º andar.
Entrada libre e gratuíta ata encher a capacidade do local.