Charla informativa sobre testamento vital, os nosos dereitos sanitarios, Espazo +60 Ferrol
O Espazo +60 Afundación de Ferrol organiza, en colaboración coa Asociación Derecho a Morir Dignamente de Galicia, unha charla informativa sobre o testamento vital a cargo de Isabel Blanco Domínguez, médica e presidenta de DMD GALICIA e Laura Fernández Abalde, vogal da xunta directiva de DMD GALICIA.
O primeiro mércores de cada mes, ás 18.00 horas, DMD Galicia estará no centro para aclarar dúbidas sobre o testamento vital e apoiar a súa solicitude.
Actividade gratuíta. Prazas limitadas. Apúntate chamando ao 981 330 280.