Charla informativa "Sangrado xinecológico: identificar e actuar a tempo" - Espazo +60 Viveiro
O Espazo +60 de Viveiro e o xinecólogo do Hospital Público da Mariña Lucense, Ezequiel Cardoso, organizan o próximo 11 de marzo a charla informativa “Sangrado xinecolóxico: identificar e actuar a tempo”, unha sesión orientada a ofrecer información clara, rigorosa e accesible sobre un aspecto fundamental da saúde da muller.
O sangrado xinecolóxico pode presentar distintas causas e manifestacións ao longo da vida, especialmente en etapas como a perimenopausa e a menopausa. Saber recoñecer os sinais de alerta, comprender cando é necesario acudir a un profesional sanitario e coñecer as posibles probas diagnósticas resulta clave para unha detección precoz e unha intervención axeitada.
Esta actividade forma parte do compromiso do Espazo +60 de Viveiro coa promoción da saúde e do benestar, ofrecendo espazos de información e prevención que contribúen a unha vida máis segura, consciente e saudable.
Animamos a todas as persoas interesadas a participar nesta charla e resolver dúbidas nun entorno próximo e de confianza.
Inscricións ata o 9 de marzo no Espazo +60 de Viveiro (982 826 931).