Charla informativa "Como será de grande o universo?" - Espazo +60 Ourense Afundación
O Espazo +60 de Ourense convídache a unha charla distinta, deseñada para mentes curiosas.
Carlos Criado, físico e químico con máis de 26 anos de experiencia docente, comparte a súa paixón pola astronomía dunha forma totalmente diferente. Nesta charla deixaremos de lado os números complicados para mergullarnos nun viaxe visual que nos levará dende a posición dos nosos planetas veciños ata os recunchos máis profundos da Vía Láctea. Descubriremos os segredos das constelacións antigas e entenderemos de forma sinxela fenómenos tan fascinantes como o nacemento das nebulosas e os buratos negros.
Unha oportunidade para coñecer curiosidades sorprendentes da Vía Láctea.
Horario: 11 de febreiro ás 16.30 h
Actividade gratuita.
Inscripción: Ata o día 6 de febreiro neste formulario.