Charla informativa "Como evitar as estafas de hoxe en día“ - Espazo +60 Pontevedra
O Espazo +60 de Pontevedra acolle o vindeiro 25 de febreiro unha charla impartida por axentes da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá. Nela abordaranse cuestións como as estafas máis habituais na actualidade, así como os novos feitos delituosos e os recursos dispoñibles para garantir unha maior protección persoal.
Esta actividade enmárcase dentro do Plan Maior, o programa preventivo impulsado polo Ministerio do Interior, cuxo obxectivo é informar e sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da prevención e da seguridade.
Horario: 25 de febreiro de 2026 ás 18.30 h
Actividade gratuíta
Inscrición: no Espazo +60 de Pontevedra a través do teléfono 986 864 185.