Charla: Desmitificando o tabaquismo Espazo +60 Ferrol

Con motivo do Día Mundial sen Tabaco, o Espazo +60 Afundación de Ferrol convídate a participar nunha charla para reflexionar sobre o impacto do tabaquismo e o papel clave que poden desempeñar as persoas maiores na promoción dunha vida libre de fume, impartida por Mª Pilar Darriba, enfermeira experta en tabaquismo e socia do Espazo +60.
Unha oportunidade para coñecer a realidade do hábito tabáquico desde unha perspectiva informada e responsable.
Actividade gratuíta. Anótate no Espazo +60. Inscrición aberta ata o 27 de maio.
Esta acción forma parte do programa “O valor da experiencia”, da área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como finalidade potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade, así como favorecer o desenvolvemento de accións interxeracionais e de voluntariado.
Agardámoste para construír entre todas e todos unha sociedade máis saudable!