• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Boletín
  • Mediateca
  • Contacto
  • Tenda ico-shopCreated with Sketch.
  • Español
  • ico-facebookCreated with Sketch.
  • ico-twitterCreated with Sketch.
  • ico-linkedinCreated with Sketch.
  • ico-youtubeCreated with Sketch.
  • ico-instagramCreated with Sketch.
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Educación financeira
      • Escolares
      • Xuventude
      • Maiores
    • Centros educativos
      • A Coruña
      • Pontevedra
      • Santiago
      • Vigo
    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premios de Xornalismo Xulio Camba e Fernández do Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
      • Falamos da escola
      • Fálame da emigración
      • Actividades interxeracionais
      • Voluntariado
    • Desenvolvemento persoal
      • Hábitos saudables
      • TIC
      • Saber +
      • Expresión artística
      • Lecer activo
    • Imaxe social
      • 60+ COUNTS. Día Internacional das Persoas Maiores
      • Día Europeo da Solidariedade Interxeracional
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • Asóciate
      • Vantaxes
      • Formulario de inscrición
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...ico-plusCreated with Sketch.

Nome

ico-plusCreated with Sketch.

Cidade

ico-plusCreated with Sketch.

Data

ico-plusCreated with Sketch.

Área

ico-plusCreated with Sketch.

Público

ico-plusCreated with Sketch.

Centro

ico-plusCreated with Sketch.

Entrada

ico-plusCreated with Sketch.

Mostra: «Cabodano do traballo editorial no Centro de Estudos Fotográficos». Vigo

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitterCreated with Sketch. En twitter
  • ico-facebookCreated with Sketch. En facebook
  • 06-02-2019 06-04-2019 Mostra: «Cabodano do traballo editorial no Centro de Estudos Fotográficos». Vigo Infórmate aquí sobre o proxecto expositivo do Centro de Estudos Fotográficos Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    6 de febreiro a 6 de abril 2019

  • Horario:

    Luns a venres de 17.30 a 20.30 h e sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 h

    Domingos e festivos pechado

  • Entrada:

    Gratuíta
Alén da morte, o cabodano remarca a idea da celebración, homenaxe, memoria e, polo tanto, futuro. Con este propósito nace a mostra «Cabodano do traballo editorial no Centro de Estudos Fotográficos», que se pode ver na Sala de Exposicións do Teatro Afundación de Vigo do 6 de febreiro ao 6 de abril. Nela descubrimos os artistas Joan Fontcuberta (Premio Nacional de Fotografía), Ana Soler e Fran Herbello, con traballos creados ex professo.
 
Nesta mostra-cabodano festéxase a grande actividade editorial que tivo o CEF de Vigo (Centro de Estudos Fotográficos) que en 2016, despois de 30 anos durante os que editaron 44 libros, cesa este labor, aínda que continúa o comisariado de mostras e a investigación no mundo da fotografía. En vez de propoñermos unha exposición descritiva, como é habitual, convidamos a Ana Soler, Fran Herbello e Joan Fontcuberta a traballaren sobre os libros publicados polo CEF. Baixo o comisariado de Manuel Cendón e Xosé Luís Suárez Canal, na mostra diseccionaranse, dun ou doutro xeito, todas estas publicacións, ao tempo que se porán a disposición do público para que cada visitante poida levar unha.
 

CAPACIDADE COMPLETA para a visita guiada inaugural cos comisarios o mércores 6 de febreiro.

CAPACIDADE COMPLETA para a segunda visita guiada cos comisarios o mércores 13 de febreiro.

Próxima visita guiada o mércores 20 de febreiro ás 19.00 h. Inscríbete aquí!

 
XORNADAS
No marco desta mostra, organizamos unhas importantes xornadas sobre libro de fotografía o 4 e o 5 de abril na sala de conferencias da Sede Afundación de Vigo. No encontro de profesionais e editores, o público poderá adquirir exemplares. Tanto o público xeral como profesionais que queiran participar, deberán de se inscribir, de balde. Inscríbete aquí.

4 de abril 

A experiencia editorial do Centro de Estudos Fotográficos. 19.00 h | Con Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal

Fenómeno foto-libro: a firmeza do obxecto. 20.00 h | Con Joan Fontcuberta

5 de abril

Mostra das publicacións dos diferentes editores. 18.00 h 

Libros de fotografía ou fotolibros: o caso galego. 19.00 h | Con Enrique Lista

Encontro aberto con editores galegos de libros de fotografía. 20.00 h

 

ARTISTAS

Ana Soler. Esta artista, docente e investigadora que provén do mundo do deseño gráfico, «debuxa no aire» con complexas instalacións tridimensionais. Para esta ocasión, preparou dúas instalacións, de diferentes tamaños, nas que homenaxea e contribúe á difusión da páxina impresa. Na primeira dispón unha bandada de follas voantes, almiñas en palabras de Soler, que se dirixen desde un cadaleito cara ao exterior da sala. Con esta proposta, que titula A voz da túa alma, a artista recolle o sentido global da mostra: amosar a homenaxe á defunta actividade editorial do CEF, mais nun sentido de memoria e vida, saíndo á rúa. Como metáfora de todo isto, o público pode levar un dos libros do CEF que Ana Soler deixará no féretro. A segunda instalación, Memorias de cantos, ausencias de corpos, pola súa banda, homenaxea unha das partes máis identificativas, e máis reducidas, do exterior dun libro: o seu lombo. 

 

Fran Herbello. Cun interesante traballo ás costas, Herbello tirou do prelo os seus libros «A imaxe e semellanza» (2000) e «Mal de corpo» (2005) na Colección Do Trinque, unha das máis emblemáticas do CEF. O primeiro deles foi a súa primeira publicación, e a mostra que o acompañaba a súa primeira exposición, logrando un recoñecemento inmediato en todas as cidades que visitou a mostra: Madrid, Barcelona, Valencia, Ourense e A Coruña. Ao pouco, apareceu incluída en Blink da editorial británica Phaidon, en que se recollían a obra de artistas que supuñan novas achegas nos dous últimos anos.

Nesta mostra, o artista crea ex professo a obra E agora que... con que propón un traballo estético, divertido e irónico, formado por 13 fotografías onde o exemplar do CEF está omnipresente en cada unha delas. Evidentes chiscadelas ao ámbito mortuorio, como as flores feitas con follas de libros. Definitoria e intensa vinculación coa cultura galega e co seu imaxinario nun sentido amplo e complexo, Herbello menta unha  empanada, o Prestige, e tamén o costume tan galego, e tan rural, de reciclaxe e reaproveitamento de obxectos. Un libro do CEF é, de súpeto, o máis axeitado para se colocar entre as dedas dos pés á hora de pintar as unllas, ou mesmo para facer de pesa.

 

Joan Fontcuberta. A relación deste artista co CEF é intensa desde o comezo. Fontcuberta expuxo na Sala dos Peiraos de Vigo no 1985, na Fotobienal do 1988, e en Vigovisións, entre outras. Tamén colaborou co CEF en O feito Fotográfico, no 2004, ofrecendo obradoiros e achegando textos para o proxecto. Entre outros recoñecementos, Fontcuberta conta co Premio Nacional de Fotografía (1998) e Premio Nacional de Ensayo (2011).

O destacado artista catalán presenta agora un tríptico, adrede para a mostra, baseado nunha lámina de William Fox Talbot, un dos principais pioneiros da calotipia, que alá polo 1844 publicaba o libro The Pencil of Nature. O volume constaba de 24 fotografías orixinais que se adherían artesanalmente sobre as páxinas do libro, e a oitava lámina titulábase «A Scene in a Library» (Detalle dunha biblioteca). Esta ilustración cobra especial relevo porque é a primeira vez na historia en que uns libros son os protagonistas dunha fotografía. Ao formular un tributo creativo á colección editorial do Centro de Estudos Fotográficos ningunha outra imaxe de referencia se antolla máis oportuna para Fontcuberta. Así que presenta tres imaxes: en primeiro lugar, un facsímile do calotipo orixinal de Fox Talbot; en segundo lugar, o resultado dunha especulación ucrónica: Que tería pasado se Fox Talbot escollese como suxeito outros volumes –uns volumes moito máis valiosos para nós, como son a totalidade de títulos forxados polo CEF?; e a terceira imaxe é a chiscadela histórica que pecha o ciclo.

«A Scene in a Library» constitúe un dos primeiros fakes na historia da fotografía. Fox Talbot non tirou a fotografía nunha biblioteca, se non que montou a escena ao aire libre para dispor de mellores condicións de luz. E mantendo a impostura de fake, Fontcuberta introduce na toma orixinal algúns dos exemplares do CEF que só unha observación atenta descubrirá.

 

Así mesmo, os comisarios participan activamente na exposición mediante a inclusión dunha proposta denominada Panel de vida, en que se mostran documentos antigos, cadernos e fotografías que achegan outras miradas sobre a historia do CEF. Amoreados no chan debaixo deste panel encóntranse outros feixes de libros publicados no seu día polo CEF; de entre eles, cada persoa visitante poderá coller e levar un exemplar.

 

Ademais, inclúese unha instalación sonora deseñada ex professo para este proxecto e producida por Xulio Gómez, Sinsalaudio e Escoitar.org

 

Centro de Estudos Fotográficos (CEF)

En 1986, coa publicación de Emigración de M. Ferrol, o CEF inicia a andaina editorial e posteriormente realiza monografías de fotógrafos históricos galegos coma Pacheco, Ksado, Suárez, Raniero Fernández, Virxilio Vieitez… Non amosou menos interese pola fotografía contemporánea, publicando os primeiros libros de Vari Caramés, Fran Herbello ou Victoria Diehl, á par doutros dedicados a artistas moi relevantes do panorama internacional coma Karen Knorr, D’Agata, Aziz+Cucher, González Palma, Joachim Schmid, que até aquel momento non foran editados no Estado español. Como editora independente, foi unha experiencia única en Galicia que supuxo unha especial contribución na recuperación da fotografía histórica galega, amais de dignificar a fotografía como medio para a creación, cunha dimensión cultural e artística que a primeiros dos anos 80 non se consideraba. Con este motivo, nace esta exposición que busca lembrar a actividade senlleira do CEF, que xa é historia, e que significa experiencia referente de novos proxectos editoriais no campo da fotografía.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Educación financeira
    • Centros educativos
    • Área Educativa
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
    • Desenvolvemento persoal
    • Imaxe social
    • Espazos +60
    • Asóciate
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Boletín
  • Mediateca
  • Contacto
  • Tenda ico-shopCreated with Sketch.
  • ico-facebookCreated with Sketch.
  • ico-twitterCreated with Sketch.
  • ico-linkedinCreated with Sketch.
  • ico-youtubeCreated with Sketch.
  • ico-instagramCreated with Sketch.
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2019 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078

Uso de Cookies. Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies

Pechar aviso