Teatro La Cubana "Campanadas de boda" en Vigo
O 7 de xuño a obra Campanadas de boda da compañía La Cubana bota o telón á tempada de abono de teatro no Centro Cultural de Vigo.
Merca as túas entradas en Servinova e aproveita o noso desconto para grupos de máis de 10. Máis información no 933 360 222 ou en grupos@lacubana.es
A compañía La Cubana volve a montar un grande espectáculo, e desta volta coa escusa dunha voda. Facendo unha parodia do grande acontecemento entre unha española e un hindú, póñense en marcha situacións cómicas, simulando o que ben podería pasarlle a calquera familia nese día: non caben os convidados no local, falla o menú, hai problemas cos traxes, o concelleiro que os casa enferma na última hora...
Autor e director: Jordi Milán
Elenco: Xavi Tena, Toni Torres, María Garrido, Meritxell Duró, Annabel Totusaus, Alexandra González, Babeth Ripoll, Bernat Cot, Montse Amat, Oriol Burés, Álex Esteve.
Con motivo do 30 aniversario do Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Vigo, estamos a sortear 30 lotes de libros entre as persoas que, á saída das funcións, nos deixen os seus comentarios nun formulario. Participa!