ÍTACA: CAMPAMENTOS DE VERÁN DE EDUCACIÓN FINANCEIRA, en Santiago de Compostela
Este verán, desde Afundación propoñemos aos nenos e nenas de 7 a 12 anos un campamento diferente: un no que aprenderán sobre finanzas sen decatarse. Aquí, a economía, o aforro e as matemáticas explícanse a través de xogos, retos e actividades pensadas para que todo teña sentido desde o primeiro momento.
«Ítaca: Unha viaxe pola educación financeira» é unha exposición interactiva que serve de punto de partida para cada xornada do campamento. A partir dese percorrido, os e as participantes gozarán dun xogo financeiro para descubrir para que serven as matemáticas na vida real e dun obradoiro creativo no que construirán un ábaco, un xogo de mesa ou un robot tragamoedas para fomentar o aforro. Unha mañá completa, práctica e chea de aprendizaxes que deixan pegada.
O campamento celébrase no Centro ABANCA Obra Social (Praza de Cervantes, s/n, Santiago de Compostela) en horario de mañá, de 11.00 a 13.00 h, con catro grupos dispoñibles ao longo do verán:
Grupo I: 22, 23, 25 e 26 de xuño
Grupo II: 30 de xuño, 1, 2 e 3 de xullo
Grupo III: do 7 ao 10 de xullo
Grupo IV: do 14 ao 17 de xullo
O prezo é de 20 € por participante e as entradas están dispoñibles en Ataquilla.com.
Ademais, podes visitar a axenda web e descubrir todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes.