• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Ciclo de concertos DO SILENCIO Á EMOCIÓN en Pontevedra

Cultura Concertos Xeral De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Ciclo de concertos DO SILENCIO Á EMOCIÓN en Pontevedra
  • 24-03-2022 24-03-2022 Ciclo de concertos DO SILENCIO Á EMOCIÓN en Pontevedra En colaboración coa Camerata Arven un programa para dar a coñecer a música clásica, derrubando barreiras e dialogando con outras disciplinas artísticas sobre o escenario Sede Afundación Pontevedra Augusto González Besada, 2. Pontevedra (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Pontevedra

    Augusto González Besada, 2. Pontevedra (Pontevedra)

  • Datas:

    24 MAR 2022

  • Horario:

    20.30 h

  • Entrada:

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial
Mercar

En colaboración coa Camerata Arven, presentamos na Sede Afundación Pontevedra o ciclo de concertos «Do silencio á emoción», co propósito de invitar a redescubrir a música clásica dun xeito diferente, rompendo barreiras entre público e artistas e cunha conxunción multidisciplinar, en que a danza, a pintura, a literatura ou o teatro se fusionan coa música. Con catro concertos programados, o primeiro dos recitais terá lugar o 24 de marzo no Auditorio da Sede Afundación Pontevedra.

As entradas están dispoñibles en Ataquilla.com

 

Neste concerto, un grupo de persoas poderán compartir escenario coa propia agrupación, podendo vivir  unha experiencia única.

 

Director: David Fiuza Souto

Duración: 1 h 10 min

Idades a partir de 7 anos

  

PROGRAMA 1

RUBÉN MARTÍNEZ VARELLES

Anrewerna Obertura. Op. 16

  

GUSTAV MAHLER (1860-1911)

Sinfonía nº 1 en re menor, “Titán”

I. Langsam, schleppend

II. Scherzo: Kräftig bewegt, doch nicht zu schnell

III. Trauermarchs: Feierlich und gemessen, ohne zu schleppen.

IV. Stürmisch bewegt 

 
«Do silencio á emoción»
É un ciclo de concertos que invita a descubrir a música clásica desde un punto de vista diferente ao habitual, rompendo barreiras entre público e artistas, cunha programación integrada noutras artes escénicas como a danza, a pintura, a literatura ou o teatro. Ao inicio de cada concerto farase un breve repaso sobre a historia do repertorio dunha maneira próxima que permita desfrutar moito máis do que a continuación se escoitará e no cal o público poderá participar preguntando calquera curiosidade sobre a música, os instrumentos ou a agrupación. A outra novidade de achegar a música ao oínte é dunha maneira máis literal, e será dando a oportunidade a un grupo de persoas de compartir escenario coa propia agrupación, podendo vivir a experiencia de sentar tan preto que poderá ter contacto coa partitura, a agrupación e o resto do público. E todo iso, con catro concertos.

O primeiro deles, a Camerata Arven e o Ballet de Galicia (Diego Landín) farán desfrutar a través da música e a danza do Carnaval de los animales. No segundo poderase desfrutar da estrea de Anrewerna Obertura, dedicada á Camerata Arven, do compositor Rubén Martínez Varelles, ademais da Sinfonía n.º 1, de G. Mahler, en versión de 14 instrumentos, baixo a dirección do mestre David Fiuza. O terceiro será un programa para mocidade de 0 a 100 con, entre outras, a obra O neno de pau (Toni Cantal), un conto baseado na historia de Pinocho con debuxos en vivo realizados polo artista Marc Taeger. No último concerto do ciclo sacarase á luz a incrible música de cámara dos grandes compositores no esquecemento da programación das grandes producións e que, paradoxalmente, son a esencia da música.

 

CALENDARIO DE CONCERTOS

24 MAR | Camerata Arven e Ballet de Galicia | El carnaval de los animales

24 ABR | Camerata Arven. Director David Fiuza | Anrewerna Obertura de Rubén Martínez Varelles e Sinfonía n.º 1 de G. Mahler

26 MAI | Camerata Arven | O neno de pau de Toni Cantal

12 XUÑ | Camerata Arven | música de cámara

 

Este ciclo está incluído no programa solidario de Afundación CULTURA POR ALIMENTOS, mediante o cal a entidade invita todas as persoas que asistan a estes espectáculos a colaborar con esta campaña solidaria. Trátase dunha iniciativa de apoio a Ucraína no marco do proxecto «Cultura por alimentos» que, a raíz do drama humanitario que se vive neste país, se implica tamén coas persoas refuxiadas e a súa cidadanía. Convidamos as persoas asistentes ao acto a que, seguindo as recomendacións das entidades que están a traballar sobre o terreo, entreguen prioritariamente alimentos precociñados e latas de conserva, alimentos infantís, produtos hixiénico-sanitarios infantís e femininos e medicamentos e material de primeiros auxilios, que poderán depositar á entrada do recinto nos colectores dispostos para este fin.

AQUÍ máis información.

Camerata arven
Camerata arven
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078