«El amor brujo». O ballet de Víctor Ullate en Vigo
O 16 de xaneiro ás 20.30 h. o Teatro Afundación de Vigo recibe o espectacular ballet de Víctor Ullate que está a percorrer os principais auditorios nacionais coa xira de El amor brujo de Manuel de Falla. Unha travesía entre a vida e a morte que nos achega o amor na súa forma máis primitiva.
As túas entradas en Ataquilla.com
COREOGRAFÍA: Víctor Ullate
DIRECTOR DE ESCENA: Eduardo Lao
MÚSICA: Manuel De Falla, Luis Delgado, In Slaughter Natives
DESEÑO DE ILUMINACIÓN E ELEMENTOS ESCENOGRÁFICOS: Paco Azorín
ASISTENTE DE DESEÑO DE ILUMINACIÓN: Pedro Chamizo
VESTIARIO: María Araujo
TALLER DE TINTURA: María Calderón
DESEÑO DE SON: Miguel Lizarraga
CREACIÓN DE VÍDEO: Greyman
ARTISTA CONVIDADO: Rubén Olmo
Unha revisión da peza que Víctor Ullate estreou o 28 de maio de 1994 na Maestranza de Sevilla.
Nova escenografía, novo vestiario. Esta revisión de Víctor Ullate de El amor brujo trátase dunha aposta musical rompedora, distinta na forma mais eterna na esencia. El amor brujo conta a historia de Candela, unha moza xitana cuxo amor por Carmelo se ve atormentado polo espectro do seu antigo amante. Unha historia de amor e paixón, de lágrimas e desconsolo, de bruxería e sedución, de morte e de danza. Descubre o clásico de Manuel de Falla co incrible equipo de danza do sublime bailarín e coreógrafo Víctor Ullate.