Ballet de San Petersburgo con O Crebanoces. Santiago de Compostela
O Ballet de San Petersburgo convídate a asistires a unha das coreografías máis afamadas de todos os tempos, O Crebanoces. O Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela acolle o 22 de xaneiro este especial espectáculo de danza cos grandes bailaríns da escola de Andrey Batalov.
As túas entradas en www.ataquilla.com
Ballet de San Petersburgo
O Crebanoces
Música: Piotr Chaikovsky
Coreografía: Andrey Batalov
Deseño do decorado e vestiario: Evgeniy Gurenko
Ballet en 2 actos con prólogo. Un descanso. Duración 2 horas, 15 min
O Crebanoces de Piotr Tchaikovsky é unha das obras máis coñecidas do ballet clásico universal. A maxia dunha festa de Nadal fai posible que os soños de Masha se cumpran: os xoguetes cobran vida, o Crebanoces convértese nun belo príncipe e xuntos, tras enfrontarse aos malvados ratos, viaxan polas terras nevadas ao palacio máxico. Un grande espectáculo con magníficos solistas internacionais e espectacular escenografía de Eugeny Gurenko.
A COMPAÑÍA
O Ballet Clásico de San Petersburgo é a compañía fundada polo solista principal de Mariinskiy Ballet - Andrey Batalov (Director Artístico e Coreógrafo) e por Andrey Scharaev (Director Xeral). O seu repertorio inclúe versións clásicas dos ballets O Lago dos Cisnes, O Crebanoces, A Bela Dormente, Giselle, Don Quixote, Chopiniana e tamén as coreografías contemporáneas creadas por Alexey Miroshnichenko, Emil Faski e outros.
O director artístico do Ballet de San Petersburgo Andrey Batalov é un dos máis condecorados bailaríns rusos: en 1996 gañou concursos en París (Medalla de Ouro) e Nagoya (Medalla de Ouro), en Budapest (Primeiro premio e especial premio Nuriev) e en Arabesk- Perm (Primeiro Premio e Premio Mikhail Baryshnikov), e foi Grand Prix na Competición Internacional de Ballet en Moscova (1997). Andrey Batalov terminou a súa formación en 1992 na Academia de Ballet de San Petersburgo Vaganova. Entre 1992 e 1994 foi solista do Ballet do Teatro Mikhailovskiy de San Petersburgo e desde 1994 ata a actualidade é solista principal do Ballet Mariinskiy. Tamén foi solista do Real Ballet Danés (2000-2002).
O Ballet de San Petersburgo de Andrey Batalov, polo seu espectáculo O Lago dos Cisnes, tamén foi galardoado como mellor espectáculo de danza (2015) nos XXIV Premios Teatro de Rojas e polo espectáculo A Bela Dormente galardoado nos premios Teatro de Rojas XXVII edición como mellor espectáculo de danza 2018.