Programa educativo itinerante AULA STEAM para escolares. Agora nos centros educativos!

AULA STEAM. Programa educativo itinerante
Para infantil, primaria e secundaria
Convidámosvos a toda a comunidade escolar a participar dun programa de actividades que o Servizo Educativo de Afundación impartirá nos vosos centros e para os distintos niveis de ensino. O noso equipo de profesionais trasládase onda vós para sumar coñecementos de arte e natureza a través da tecnoloxía con obradoiros de robótica e programación.
ARTE
INFANTIL | Obradoiro de robótica básica: De cando o pincel e o lapis se enfurruñaron e non quixeron compartir cadro
PRIMARIA | Obradoiro de electrónica básica, scratch e programación con microbit: A arte das emocións
SECUNDARIA | Obradoiro de electrónica e programación con microbit: Arte, robótica e creatividade
NATUREZA
PRIMARIA | Obradoiro de electrónica básica e programación con microbit: Programando o universo
SECUNDARIA | Obradoiro de electrónica e programación con microbit: Océanos sustentábeis
PREZO 2 €/ escolar
Máis información en areaeducativa@afundacion.org en naturnova@afundacion.org ou nos tf 986 333 210/ 981 552 577
Estas actividades realizaranse con todas as medidas de seguridade pertinentes ante a COVID-19 para que poidamos gozar do coñecemento e a cultura como o fixemos sempre.