Artes plásticas. Campamento virtual de verán con Afundación
Arranca o noso Campamento de verán virtual para todas as idades, unha divertida proposta para gozar das vacacións estivais dun xeito distinto, cómodo e práctico desde a casa. Ata o 17 de xullo iremos dando pílulas didácticas para seguir aprendendo de forma lúdica sobre diferentes materias.
A seguir, os diferentes obradoiros de artes plásticas:
Bloque 1. (4 obradoiros)
Neste bloque 1 traballaremos algúns xéneros pictóricos coma o retrato, a paisaxe, o bodegón… todos eles usando materiais reciclados que temos en calquera casa.
Recordade, reciclar é moi importante, o mundo da arte tamén achega o seu graniño de area, tod@s sumamos para coidar o noso planeta.
Mans á obra…
O RETRATO
A PAISAXE
MARIÑA
BODEGÓN
Bloque 2 (4 obradoiros)
Neste bloque 2 traballaremos a relación entre a arte e as emocións. O/a artista visualiza, sente, transmite lugares, cores, sensacións, estados de ánimo.
Non creamos o mesmo cando estamos tristes que cando estamos alegres, e tampouco as cores que usamos son as mesmas.
Por iso, neste bloque, traballaremos algunhas emocións e expresarémolas de forma plástica.
Aquí tes máis información sobre todo o que podes atopar no noso Campamento virtual de verán.