"15" de Ara Malikian, en Pontevedra
O violinista armenio Ara Malikian celebra o seu décimo quinto aniversario vivindo en España e faino cunha xira única titulada "15". O domingo de marzo ofrecerá un concerto no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra.
Entradas xa á venda en Servinova.
O espectáculo pretende ser a culminación dun longo período de traballo e esforzo, así como de agradecemento ao público que o apoiou durante os 15 anos nos que ten representado máis de 4000 concertos en todos os recunchos de España. A idea central que move esta nova xira, como de costume, é a de achegar a música clásica a todos os públicos. Ara Malikian regresa con adaptacións para orquestra provenientes do amplo repertorio da música popular do século XX. Nela inclúe o mellor destes 15 anos en España, así como as súas primeiras composicións en máis de unha década.