Exposición ANTONIO MINGOTE. A INTELIXENCIA DO TRAZO, en A Coruña
Do 22 de xuño ao 29 de agosto, a Sede Afundación A Coruña acolle Antonio Mingote. A intelixencia do trazo, unha exposición retrospectiva antolóxica que reúne entre 135 obras do debuxante, ilustrador e humorista que durante máis de sete décadas foi un dos grandes cronistas visuais da España do século XX.
O percorrido organízase en seis bloques cronolóxico-temáticos que permiten seguir a evolución do seu trazo e das súas preocupacións: dende os primeiros bosquexos e exploracións estilísticas ata a súa colaboración diaria con ABC, pasando polas súas grandes series ilustradas como Historia da xente e Historia da pintura, Home só e Home atónito, as ilustracións do Quixote e da súa visión da xustiza, e unha sección dedicada á relación da súa obra coas vangardas.
Mingote non só facía rir. O seu trazo áxil e a súa cultura humanista permitíronlle reflexionar sobre a soidade, o absurdo, a historia e a condición humana cunha elegancia que converte cada viñeta nunha peza de arte gráfica.
Esta exposición enmárcase en CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). Accede e colabora doando algún alimento non perecedoiro que irá destinado ao banco de alimentos local.
Entra aquí e infórmate.
Podes visitar a axenda web e descubrir todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para informarte sobre outras actividades escénicas.