Actividade formativa: Sustentabilidade económica en materia pesqueira e acuícola. En Malpica
Actividade formativa dirixida a redeiras, mariscadoras, peixeiras e outras traballadoras e traballadores do sector pesqueiro, co obxectivo de pór ao seu dispor toda unha serie de coñecementos financeiros para abordar a súa actividade económica desde a sustentabilidade.
Carlota Sánchez-Montaña Puga, profesora de IESIDE, imparte a sesión canda profesionais de ABANCA Mar, na sede da Confraría de Pescadores de Malpica. No transcurso da formación, dun xeito práctico e efectivo, abordaranse temas relacionados cun mellor control das finanzas, coma a importancia dun bo orzamento, a xestión das débedas ou a relevancia do aforro e a planificación a longo prazo, na medida en que maioritariamente o perfil de asistentes son profesionais de alta en Autónomos no Réxime Especial do Mar.
PROGRAMA
- Aforro
- Subvencións
- Financiación
- Plans de negocio
- Instrumentos financeiros
- Outros
Dentro do programa PLANCTON e poñendo de manifesto a relevancia da educación financeira nos colectivos profesionais do sector primario, fixámonos o obxectivo de pór a disposición dos profesionais da pesca coñecementos financeiros que lles permitan tomar decisións acertadas no día a día e mellorar a sustentabilidade das súas actividades económicas. En base a este obxectivo puxéronse a andar unha serie de xornadas formativas que comezan o 15 de xullo con este obradoiro.
O Plan de conservación territorial-ON PLANCTON é un plan multidisciplinar co obxectivo principal de fomentar a conservación e a sustentabilidade das actividades socioeconómicas realizadas na área de influencia das ZEPA mariñas de Galicia, Rede Natura 2000 de ámbito mariño competencia do Estado, tratando de inculcar unha conciencia sostible en todos os sectores sociais, especialmente no pesqueiro.
Outras accións realizadas con PLANCTON:
Limpeza de fondos Illote Guidoiro-Areoso [+INFO]
Limpeza praias Illa de Arousa [+INFO]
Limpeza Illa de Cortegada [+INFO]
Limpeza Praias de Razo, Baldaio e Punta do Sal [+INFO]
Limpeza de defensas Illa de Arousa [+INFO]
Este proxecto conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP, e complementario ao proxecto LIFE-IP INTEMARES.