Actividade 8M: Charla sobre o Padroado de Protección á Muller e o Manicomio de Conxo - Espazo +60 Santiago
No marco do 8M, o Espazo +60 Santiago acolle unha charla centrada no Padroado de Protección á Muller e no Manicomio de Conxo, dúas institucións clave para comprender como determinadas estruturas sociais e institucionais marcaron a vida de moitas mulleres.
A profesora e voluntaria no Espazo +60 Marián Araujo falará sobre estas dúas institucións clave, con forte presenza na cidade, que estiveron marcados pola represión, o control moral e a imposición dun modelo patriarcal que buscaba educar e adoutrinar ás mulleres no ámbito doméstico e na fidelidade ao réxime.
Un espazo para reflexionar, recuperar memoria e analizar desde unha perspectiva crítica o impacto que tiveron na historia recente.
O próximo 10 de marzo de 17.30 a 19.00 h.
Actividade gratuíta.
Inscrición do 2 ao 6 de marzo no Espazo +60 de Santiago (981 580 385).