• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Marem Ladson & Cata de viño con Acreativa Live. A Coruña

Cultura Concertos Outras Xeral Xente moza De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Marem Ladson & Cata de viño con Acreativa Live. A Coruña
  • 19-10-2018 19-10-2018 Marem Ladson & Cata de viño con Acreativa Live. A Coruña Acreativa Live trae Maridaxes, proposta de concerto+cata coa música de Marem Ladson, promesa da escena independente Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    19 de outubro 2018

  • Horario:

    20.30 h Cata

    22.00 h Concerto

  • Entrada:

    De pago
Mercar

Venres, 19 de outubro, cata de viños e concerto da sorprendente Marem Ladson na Sede Afundación A Coruña. Esta proposta chámase Maridaxes*, un novo encontro de Acreativa Live, onde se unen tendencias musicais e os sabores en copa máis sofisticados.  
 

Marem Ladson. Resulta bastante incrible que alguén grave un primeiro disco con apenas 19 anos e presente este nivel de imaxinación compositiva, profundidade nas letras e capacidade de interpretación. Mais é que case nada na vida de Marem Ladson resulta moi normal. O seu precoz talento, a súa seguridade sobre o escenario, a madurez con que controla cada aspecto da súa carreira sorprenden inmediatamente. Esta aparición estelar foise forxando en presenzas en escenarios e festivais coma se tal cousa. Con apenas un single («All My Storms», 2017) chamou a atención de medios e programadores, catalogando a galega/estadounidense -nai de Ourense, pai de Nova York, xogador de baloncesto que veu xogar a España- coma unha das promesas máis firmes do panorama musical.

Esa promesa faise realidade no seu disco de debut homónimo. Composto por once cancións que pasean polo pop, o rock e o folk e gravado da man de Brian Hunt e Juan Diego Gosálvez en El Invernadero (Madrid), soa inquedo, ambicioso, especial. Hai espazo para xits coma Shades of Blue, primeiro adianto do elepé; tamén para clásicos instantáneos coma Everything I've Ever Lost (Is Coming Back); elegantes e emocionantes cancións introspectivas (For and About, My Corazón) e pezas que insinúan que o futuro camiño creativo de Marem será apaixonante (Coming Home, Losing Control). Temas que falan de autoafirmación, do paso á vida adulta e de ser unha muller adolescente. Non é un disco normal.

 
A cata terá lugar na cafetería da Sede. Somérxete nesta experiencia titulada A conexión oceánica probando os seguintes viños: Martín Codax Lías D.O. Rías Baixas; Martín Códax Vindel D.O. Rías Baixas; Kenwood Chardonnay Sonoma County (California); Cuatro Pasos Black D.O. O Bierzo.

 

Maridaxes, é unha proposta incluída en Acreativa Live e que constitúe unha aproximación ao talento e á obra de mulleres artistas. A actividade inclúe unha cata de viños que evocan a orixe e a obra musical das protagonistas a modo de viaxe polos sentidos e a cultura destes territorios. Posteriormente, cada artista ofrecerá un concerto coa banda completa. Participarán nesta experiencia nomes propios dentro da escena independente e referentes da fortaleza que hoxe ten a música feita por mulleres. Cada encontro será unha ocasión para viaxar polos aromas e sabores evocadores do viño que á vez nos conectarán coas cancións e o xeito de entender a arte, a música e a vida de cada unha das artistas.

 

Os encontros están dirixidos pola experta Cristina V Miranda.

 

Dirección e Produción: Acreativa (Afundación)

Comisariado por I’m The Mocker

Colabora: González Byass, Pernod Ricard e Martín Codax

 

*Acceso permitido a menores de 16 a 18 con autorización asinada e acompañad@s dunha persoa adulta.

Folleto Acreativa 2018 PDF 263 KB
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078