Javiera Mena & Cata de viño. A Coruña
Javiera Mena. Desde a súa primeira publicación Esquemas juveniles en 2006, irrompeu na escena chamando a atención dos oíntes ávidos de novas propostas musicais. Revolucionaria e transgresora no son e en ofrecer unha nova estética, a cantante, compositora e produtora continuou cunha consolidada carreira sen límites espazo-temporais. Desde o seu debut sumou catro álbums entendidos pola prensa e polos melómanos coma xoias imprescindibles de electro pop, e tamén sumou premios e nomeamentos internacionais, entre os que destaca o nomeamento a un Grammy Latino con Otra Era.
Tras Esquemas juveniles foi descuberta no plano internacional con Mena (2010), un álbum completo de xits coma os insignes «Luz de piedra de luna» e «Hasta la verdad». Desde ese intre, Javiera Mena converteuse no nome imprescindible de festivais e de clubes de España, México, Estados Unidos e como non, do seu natal Chile. Porén, estes son só algúns dos países que caeron rendidos ás súas cancións e ás extravagantes postas en escena dos seus directos.
Xa convertida en artista de culto, Javiera Mena quixo en 2013 regalar ao público Primeras composiciones 2000-2003, unha sorte de disco en que se recuperan cancións dos seus comezos, ateigadas de calidez e espontaneidade. O chimpo dos sintetizadores ás cordas permite descubrir outra identidade da compositora.
O novo single de Javiera Mena, replica o título do seu álbum Espejo, e conta cun traballo audiovisual dirixido por Stanley Sunday, rexistrado na cidade de Barcelona. Nesta entrega, plasma unha nena lendo unha novela romántica do século XIX, con toques de suspense, romance e humor. O tema foi nesta ocasión co-producido pola mesma Javiera e Alizzz.
Intuición
Tras o lanzamento do seu primeiro single «Dentro de ti», Javiera Mena regresa coa estrea do seu segundo adianto: «Intuición». Este single conta coa participación estelar da cantante colombiana Li Saumet (Bomba Estéreo) e foi co-producido por Javiera canda o Guincho.
A artista comenta: «Intuición fala sobre a nosa habilidade de entender as cousas, de poñernos en pé despois das caídas. Desde que comecei a armar os beats souben que debía chamar a Pablo (El Guincho) para que me axudara co ritmo e a produción».
Maridaxes, é unha proposta incluída en Acreativa Live e que constitúe unha aproximación ao talento e á obra de mulleres artistas. A actividade inclúe unha cata de viños que evocan a orixe e a obra musical das protagonistas a modo de viaxe polos sentidos e a cultura destes territorios. Posteriormente, cada artista ofrecerá un concerto coa banda completa. Participarán nesta experiencia nomes propios dentro da escena independente e referentes da fortaleza que hoxe ten a música feita por mulleres. Cada encontro será unha ocasión para viaxar polos aromas e sabores evocadores do viño que á vez nos conectarán coas cancións e o xeito de entender a arte, a música e a vida de cada unha das artistas.
Os encontros están dirixidos pola experta Cristina V Miranda.
Dirección e Produción: Acreativa (Afundación)
Comisariado por I’m The Mocker
Colabora: González Byass, Pernod Ricard e Martín Codax
*Acceso permitido a menores de 16 a 18 con autorización asinada e acompañad@s dunha persoa adulta.