• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Charla con Richard Dudanski e Esperanza Romero + concerto Arias & Alfaro. ACreativa Talks. A Coruña

Cultura Xornadas e conferencias Xeral Xente moza De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Charla con Richard Dudanski e Esperanza Romero + concerto Arias & Alfaro. ACreativa Talks. A Coruña
  • 31-10-2018 31-10-2018 Charla con Richard Dudanski e Esperanza Romero + concerto Arias & Alfaro. ACreativa Talks. A Coruña Co gallo da presentación do libro de Dudanski, ACreativa tráenos este encontro entre os dous artistas Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    31 de outubro 2018

  • Horario:

    Conferencia e presentación 20.30 h (Hall)

    Concerto 22.00 h (Auditorio)

  • Entrada:

    De pago
Mercar

ACreativa Talks tráeche o encontro o 31 de outubro «Londres cidade okupada: unha charla con Richard Dudanski e Esperanza Romero», con motivo da presentación do libro de Dudanski. Asiste a esta e a outras actividades de Acreativa na Sede Afundación da Coruña este outono. 

 

Despois da presentación e a charla, concerto de Arias & Alfaro. (Acceso permitido a menores de 16 a 18 con autorización asinada e acompañad@s dunha persoa adulta.)

 

Xa tes as entradas á venda en Ataquilla.com

 

Dous anos antes da explosión punk, Richard Dudanski (Illa de Sheppey, 1952) tocaba con Joe Strummer en The 101'ers, un grupo xurdido das dilapidadas casas okupas do oeste de Londres. O seu libro de memorias, Londres Ciudad Okupada, é un relato das súas experiencias coas múltiples bandas con que tocou na escena alternativa da música no Londres dos 70 e 80, incluíndo Public Image Ltd, Basement 5, The Raincoats, Tesco Bombers e moitas outras formacións. Ao trasladar a súa residencia a Granada, a súa actividade musical proseguiu, tocando con bandas locais coma Por Si las Moscas e o grupo de música marroquí Al Jaima, ata formar o grupo El Doghouse co americano Tom Lardner, con quen segue a tocar ata a data. Ultimamente ten colaborado co seu amigo Tymon Dogg, aliándose con Antonio Arias e Juan Codorniu de Lagartija Nick e J.J. de Lory Meyers, nun proxecto chamado Tymon Dogg & The Dacoits cos que acaba de gravar un disco.

 

Esperanza Romero (Melilla, 1956) viviu desde dentro o movemento punk en Londres, onde foi probar sorte con 17 anos para rematar por se relacionar cos Sex Pistols, The Clash e The Pretenders. A súa irmá Paloma formou parte de The Slits e The Raincoats, mais a vocación de Esperanza non era a música, senón a arte. Seleccionada para entrar no Royal College de Londres, un dos máis elitistas de Gran Bretaña, elixiu o mundo da cerámica, o gravado e os murais. Parte do seu éxito, admite, débello á ética do DIY daqueles anos e desde o seu taller, primeiro en Londres e despois en Granada, produciu un impresionante corpo de traballo, abranguendo as disciplinas de escultura, pintura, debuxo e gravado. Expuxo en moitos países europeos, así coma na China, O Xapón, EE.UU ou na India. 

 

A estas alturas, ninguén discute o status de Antonio Arias e Fernando Alfaro dous pais do indie neste país. Ambos crearon a comunidade e guiaron o camiño dos grupos que chegarían despois. Tamén introduciron sonoridades rotundas. Por fin había alguén en España que seguía o ronsel voltaico de Sonic Youth, os Stooges ou Spacemen 3.
Arias e Alfaro estaban destinados a atoparse. Da mesma xeración, Fernando un ano maior, mais Antonio comezou antes, na adolescencia, como baixista fundacional de 091. Os dous mostráronse proclives nos últimos tempos a repasar os seus trinta anos de carreira. Tres décadas. Falamos de dúas personalidades sólidas, cada un coa súa particular e irresistible aureola creativa. Fernando Alfaro, o letrista bíblico, asinou o Novo Testamento do Rock alternativo. Pola súa banda, Antonio Arias introduciu os flashes visionarios e a colaxe distópica que a posmodernidade non proporcionaba. Á vez, ambos serpentearon pola industria musical en todos os seus ángulos, desde as multinacionais ata a máis pura autoxestión.
Por tanto, este particular achegamento enriba dun escenario servirá para facer un exercicio de catarse conxunta. Dúas biografías apaixonantes, cara a cara. Os seus acertos, os seus suicidios, as súas caídas e levantamentos. Dous tótems da música española. Un luxo.
 

Dirección e Produción: Acreativa (Afundación)

Comisariado por Masgalicia e David Bizarro

Colabora: Gures

 

ACreativa Talks é un espazo aberto a conversas, mesas redondas, conferencias e networking dirixido tanto a profesionais do sector coma a afeccionados e público xeral. Un lugar de encontro onde descubrir, escoitar e relacionarse, rodeado de boa música alternativa.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078