"The Hill" de Sidney Lumet + música de Elle Belga. A Coruña
O sábado 10 de novembro tes unha cita con Acreativa Screen, Cinemix, onde poderás ver proxectada a película de Sidney Lumet, The Hill, mentres asistes a unha banda sonora nova e diferente creada por Elle Belga*. Desfrutarás en directo dunha interpretación musical única do filme. Combinamos música e audiovisual dun xeito creativo, todo na Sede Afundación da Coruña.
Cinemix nace para explorar as posibilidades creativas de hibridar música en directo e cinema. O proxecto convida distintos músicos a se enfrontaren a unha película, desenvolveren unha nova banda sonora para ela, e interpretala en directo mentres esta se proxecta na pantalla. Cinemix saca os músicos dos seus procesos creativos habituais, empuxándoos a compor sobre as imaxes, estética e narrativa da película elixida, en lugar de sobre un lenzo en branco. Unha experiencia singular e moi exclusiva: a película nunca volverá ser a mesma.
*Acceso permitido a menores de 16 a 18 con autorización asinada e acompañad@s dunha persoa adulta.