• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

ABSTRACCIÓNS E MENSAXES CIFRADAS. Unha exposición de SIMULTÁNEA, en Pontevedra

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
ABSTRACCIÓNS E MENSAXES CIFRADAS. Unha exposición de SIMULTÁNEA, en Pontevedra
  • 09-10-2024 25-01-2025 ABSTRACCIÓNS E MENSAXES CIFRADAS. Unha exposición de SIMULTÁNEA, en Pontevedra Celebramos o noso décimo aniversario cunha festa creativa en todas as nosas sedes, SIMULTÁNEA! Sete exposicións nas sete principais cidades galegas en torno á Colección de Arte Afundación. Entra e infórmate sobre as exposicións e toda a programación paralela Café Moderno Afundación Pontevedra Praza de San Xosé, 3. Pontevedra (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Café Moderno Afundación Pontevedra

    Praza de San Xosé, 3. Pontevedra (Pontevedra)

  • Datas:

    9 OUT a 25 XAN 2025

    (Visitas escolares ata o 1 FEB 2025)

  • Horario:

    LUNS a VENRES | 17.30 a 20.30 h

    SÁBADOS | 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

    DOMINGOS e FESTIVOS | pechado

  • Entrada:

    Gratuíta

Visita virtual

Con motivo do 10º aniversario de Afundación, Obra Social ABANCA, convidámoste a unha festa creativa que celebra por toda Galicia a arte e a cultura a través do macroproxecto SIMULTÁNEA: sete exposicións, en sete cidades. A Colección de Arte Afundación é o eixe deste traballo minucioso que se expón a un tempo nos nosos espazos culturais. O Café Moderno Afundación Pontevedra acolle unha destas múltiples mostras, ABSTRACCIÓNS E MENSAXES CIFRADAS, un periplo expositivo multidisciplinar que revela a interpretación dos estados de ánimo a través do movemento da abstracción en Galicia, con obras desde o século XIX ata o XXI. Do 9 de outubro ao 25 de xaneiro de 2025, no edificio da Praza de San Xosé.

 

Comisariado | PALOMA VELA

 

Coñece todo sobre o noso macroproxecto expositivo SIMULTÁNEA, AQUÍ.

 

ILUSTRACIÓNS AO VIVO con Abi Castillo

Apúntate ás ilustracións ao vivo con SIMULTÁNEA! A ceramista e ilustradora Abi Castillo chega ao Café Moderno Afundación de Pontevedra o 9 de xaneiro de 2025, ás 18.30 h, para deixar pegada coa súa arte con motivo da exposición SIMULTÁNEA na cidade, "Abstraccións e mensaxes cifradas".

9 XAN | 18.30 h

Entrada libre.

 

Abi Castillo é ceramista e ilustradora. Nacida en Vigo, licenciouse en Belas Artes e cursou estudos de cerámica artística na EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios). Desde entón, participou en numerosas exposicións en Galicia e noutros puntos de España, así coma en Porto, Los Ángeles ou París. Ademais, proxectos de relevancia nutren a súa carreira coma o Woman in Art de INDITEX, unha colección de ilustracións para Zara.

Unha listaxe importante de premios abalan a súa calidade artística: 2017 - Seleccionada Premio Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela; 2018 - Seleccionada Premio Novos Valores, Pontevedra; 2019 - 1er Premio en Novos Valores, Pontevedra; 2021 - Seleccionada para a 10a Bienal Internacional de Cerámica de Talavera de la Reina; 2021 - Seleccionada para a Bienal de Cerámica de Aveiro, Portugal; 2022 - Seleccionada no Concurso de Artes Plásticas da Deputación Provincial de Ourense.

Podemos encontrar tamén as súas ilustracións en varias publicacións coma o libro infantil O Corazón Tecido de Catarina de Ruth Oliveira para Editorial Elvira, 2013; Pioneiras 2 por Anair Rodríguez para Edicións Xerais de Galicia, 2019; Fina a Pirata por Helena Villar Janeiro para Editorial Galaxia, 2019; Tres Bichicomas, dúas illas e unha serea por Rosa Aneiros para Edicións Xerais, 2020; Carabela por Paula Carballeira para Editorial Galaxia, 2020; Alba por Helena Villar Janeiro para Editorial Galaxia, 2021 ou Violeta ás agachadas de Ramón Veiga para Xerais, 2023.

 

VISITAS GUIADAS

A partir do 17 de outubro, cada xoves, ás 19.00 h

Inscricións AQUÍ

 

PASAPORTE SIMULTÁNEA

Convidámoste a viaxares por Galicia adiante e aproveitares para ir visitando cada unha das nosas exposicións SIMULTÁNEA nas sete principais cidades galegas. Con visitares 3 delas e selares o pasaporte, entras nun sorteo! 

Comeza a desfrutar do periplo, descubrindo a arte e a tradición galega en cada espazo. Ao final do camiño, igual tes premio!

Solicita xa O TEU PASAPORTE AQUÍ. 

 

CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos FESBAL, tamén forma parte das sete exposicións de SIMULTÁNEA. Colabora cos bancos de alimentos locais, accedendo á mostra e ás súas actividades paralelas cunha doazón de alimentos non perecedoiros. Grazas!

A ilusión compartida que nos move. Infórmate aquí

 

A MOSTRA

A palabra «abstracción» provén do latín abstrahĕre, que quere dicir «arrastrar lonxe, separar», o que, en sentido figurado, é o que implica a abstracción: apartar algo do seu contorno, illalo, para comprendelo. Na arte, a abstracción refírese á representación non figurativa dos elementos plásticos da composición ―o punto, a liña, a cor, a xeometría ou os materiais en si mesmos―, centrándose nas formas esenciais, todas elas abstraídas da realidade sensible.

O mundo non figurativo ten unha extensa historia previa ao movemento abstracto contemporáneo, e que podemos contemplar desde os patróns repetitivos do Neolítico, pasando polas páxinas dos códices medievais, ata a antecámara da abstracción coa luz de Turner ou o Goya máis serodio. Pero non será ata finais do século XIX e principios do XX cando encontremos unha clara intencionalidade grazas á obra da pioneira Hima af Klint, que amosa unha abstracción de corte xeométrico, anticipando a irrupción rotunda desta tendencia.

A arte contemporánea utiliza formas abstractas para interpretar o mundo de maneira subxectiva. Decote, busca transmitir emocións e estados de ánimo a través da combinación de cores, texturas e formas. Non polo feito de carecer de figuración carece de mensaxe, antes ao contrario, estas obras son unha poderosa canle de comunicación para inquietudes, sensacións e mensaxes, creadoras dunha linguaxe visual propia, que provoque unha experiencia emocional no espectador.

En Do espiritual na arte (1911), Kandinsky abordaba os principios da abstracción poñendo grande énfase na teoría da cor de Goethe, así como na relación coa música e a psicoloxía. Algunhas destas forzas serviron de referencia para a análise destas obras da Colección de Arte Afundación, xa que todas elas abordan a forza expresiva, a capacidade de comunicar e a potente personalidade creativa da abstracción en Galicia.

Trinta e cinco obras e trinta e tres creadores cun forte vínculo coa cidade e a provincia pontevedresas como Laxeiro, Lodeiro, Leopoldo Nóvoa, Berta Cáccamo, Guillermo Monroy ou Álvaro Negro.

 

APARTADOS

ESCURIDADE NARRATIVA

A luz permite percibir a forma dos obxectos, distinguir as cores e as sombras, e cando desaparece, a escuridade, protagonista do cosmos, conquista o espazo. Na arte, o negro recuperou no século XX parte do territorio perdido no século anterior, chegando a simbolizar a quintaesencia da simplicidade e a elegancia. A cor negra serve á abstracción como un baño de solemnidade, ocultando ou enmarcando formas e gamas cromáticas, que fai destacar por contraste, e cuxo significado é moi versátil. En ocasións, esta falta de transparencia xera inquietude ante o que pode estar oculto na escuridade. O enigma que encerran estas obras dótaas dun misterio que é parte da mensaxe.  

ESENCIA CROMÁTICA

As cores, en toda a súa variedade, conforman o abano perceptible da luz, visible cunha dispersión a través dun prisma observable de forma natural no arco da vella. Dispoñen de significados e asociacións históricas, sociais e emocionais, polo que os artistas fan uso destas ferramentas cromáticas, unidas á expresión do xesto co que se constrúe a obra, como medio para a evocación de certas emocións sen depender de temas, espazos ou figuras. O expresionismo de Laxeiro, o expresionismo abstracto de Raimundo Patiño, o equilibrio orgánico de Monroy ou a elegante poética de García Pan son diferentes formas de abordar o cromatismo como elemento vertebrador dunha obra. 

 

RITMO E LUZ

Desde as interpretacións de corte psicolóxico de Goethe ou Kandinsky, o amarelo e a paleta que xorde dos seus tons representa unha tendencia enérxica, vital e intrinsecamente conectada á luz, e á súa fonte principal, o sol. A natureza vivaz percíbese nestas obras a través da súa calidez, brillo e intensidade, cuxo resultado son composicións de gran forza expresiva. A poesía visual de Lamazares, a grafía evolucionada a trenzado de Almudena Fernández ou a composición de Rafael Úbeda son tres exemplos moi diferentes do uso do ritmo e a repetición como estrutura pictórica.

 

XEOMETRÍA CREATIVA

Ao igual que o amarelo é lumínico, o azul tende ao escuro, amosando unha dimensión tranquila, pausada e serena, cunha perspectiva histórica vinculada á mística. Por iso non é de estrañar o seu uso coordinado coa xeometría en pezas abstractas, pois na abstracción xeométrica, a precisión e o espiritual son puntos clave desde os seus inicios con Klint ou Malevich, onde a contemplación ten tintes meditativos. Estes ritmos xeométricos afástanse da espontaneidade do expresionismo abstracto e priorizan a intencionalidade, buscando a redución, o equilibrio e a harmonía. Cor e forma, ao servizo dun concepto que se evade da realidade para ordenar o mundo. O delicado construtivismo de Labra, o dinamismo sereno de Caruncho, a xeometría lumínica de Lodeiro ou o deseño de Molezún son algúns exemplos. 

FRAGMENTOS EN COMPOSICIÓN

A repetición e o patrón son os elementos compositivos presentes nalgunhas formas de abstracción. Desde os patróns islámicos ou os mandalas, a repetición sostén a expresión conceptual como se dun mantra ou rosario se tratase. Nestas obras vemos estruturas repetitivas que vertebren diferentes propostas lideradas polo verde, o carmín ou ambos en relación: a radiografía espacial de Tatiana Medal, o políptico de Miguel Pereira, as marañas de Murado, as estruturas orgánicas de Ruibal ou o elegante panal de Berta Cáccamo, entre elas.  

 

TEXTURAS EN PRIMEIRO PLANO

A textura dunha obra é a pegada dos seus materiais que se revela por efecto da luz. Ao eliminar toda distracción figurativa, a abstracción permite enfatizar a exploración da textura, para reforzar o efecto emocional e a interpretación da obra, ademais de engadir interese e complexidade. Como resultado, xorden, entre outras, a textura delicada con Elena Colmeiro, vigorosa con Leopoldo Nóvoa, intensa con Manuel Facal ou orgánica con Darío Álvarez Basso, todas elas de gran potencia visual. Unha abstracción matérica ,e en ocasións, experimental, na que o pictórico e o escultórico van da man.

 

CATÁLOGO

O proxecto SIMULTÁNEA, coas súas sete exposicións nas sete urbes galegas, recóllese neste traballo que pretende centrar a ollada nas relacións e diálogos que enriquecen a lectura da Colección de Arte Afundación alén do seu interese cronolóxico. Este catálogo, pois, é un reflexo da diversidade de ópticas con que foi analizada e organizada desta volta a Colección. Foron sete especialistas quen abordaron as introducións de cada un dos sete capítulos:

José Manuel García Iglesias, MODO RETRATO; Asunta Rodríguez, O OBXECTO CONTEMPORÁNEO E DOMÉSTICO; Carlos L. Bernárdez, ESCENAS DE COSTA E MAR ABERTO; Federico L. Silvestre, ESPAZO ABERTO E NATUREZA; Miguel Ángel Cajigal, ABSTRACCIÓNS E MENSAXES CIFRADAS; Mercedes Rozas, ARQUITECTURAS NARRADAS; Pilar Corredoira, VOAR COA IMAXINACIÓN.

 

Coñece todo sobre o noso macroproxecto expositivo SIMULTÁNEA AQUÍ.

Berta Cáccamo
Sin título, 2003
Acrílico sobre lienzo | Acrílico sobre lenzo
170 x 130 cm
Berta Cáccamo Sin título, 2003 Acrílico sobre lienzo | Acrílico sobre lenzo 170 x 130 cm
Leopoldo Nóvoa
Gran forma negra con perforaciones y pinchotes, 1998
Técnica mixta sobre lienzo y madera |
Técnica mixta sobre lenzo e madeira
260 x 195 cm
Leopoldo Nóvoa Gran forma negra con perforaciones y pinchotes, 1998 Técnica mixta sobre lienzo y madera | Técnica mixta sobre lenzo e madeira 260 x 195 cm
Antón Lamazares
Arcela Codia, 1986-1994
Técnica mixta sobre cartón y madera |
Técnica mixta sobre cartón e madeira
225 x 225 cm
Antón Lamazares Arcela Codia, 1986-1994 Técnica mixta sobre cartón y madera | Técnica mixta sobre cartón e madeira 225 x 225 cm
ABSTRACCIÓNS E MENSAXES CIFRADAS. SIMULTÁNEA. Ilustración ao vivo con Abi Castillo
ABSTRACCIÓNS E MENSAXES CIFRADAS. SIMULTÁNEA. Ilustración ao vivo con Abi Castillo
ABSTRACCIÓNS E MENSAXES CIFRADAS. SIMULTÁNEA. Ilustración ao vivo con Abi Castillo
ABSTRACCIÓNS E MENSAXES CIFRADAS. SIMULTÁNEA. Ilustración ao vivo con Abi Castillo
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078