• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Teatro SEIS PERSONAXES EN BUSCA DE AUTOR, en Vigo

Cultura Teatro Xeral De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Teatro SEIS PERSONAXES EN BUSCA DE AUTOR, en Vigo
  • 30-10-2025 30-10-2025 Teatro SEIS PERSONAXES EN BUSCA DE AUTOR, en Vigo «Unha das obras máis paradigmáticas e influentes do teatro do século XX, un drama de ideas no que a palabra ten grande importancia» Colle xa as túas entradas en Ataquilla.com Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    30 OUT 2025

  • Horario:

    20.30 h

  • Entrada:

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial
Mercar

O 30 de novembro chega ao Teatro Afundación de Vigo unha das novas obras da Tempada de Abonos Afundación deste outono, trátase dunha versión do clásico de Pirandello, que Pepa Gamboa na dirección e Antonio Álamo adaptando o texto orixinal, traen ás táboas da cidade olívica.  

 

Entradas dispoñibles en Ataquilla.com.

 

Colabora co noso proxecto solidario CULTURA POR ALIMENTOS, traendo unha doazón de produtos non perecedoiros para axudar os bancos de alimentos locais. Infórmate!

 

DIRECCIÓN Pepa Gamboa

ADAPTACIÓN Antonio Álamo

ELENCO Aiden Botia, Eva Egido, Ruth Gabriel, Nuria Gallardo, Juan Carlos Martín, Chema León, Paula Muñoz, Didier Otaola, Montse Peidro, Fernando Ramallo, Jorge Torres, Lena Vega

PRODUCCIONES FARAUTE

 

Estamos no inicio dun ensaio, xa van chegando o elenco e, pouco despois, o director. A actriz que sempre chega tarde, por suposto, chega tarde. A obra que se dispoñen a ensaiar é, curiosamente, de Luigi Pirandello: O xogo dos papeis, unha comedia ao redor dun triángulo amoroso. Os actores e a actriz, estoicamente, soportan o malhumor do director; o director, pola súa banda, non soporta case ninguén, nin sequera o Pirandello, e amósase puntilloso con todo e con todas. Ata que o ensaio se ve interrompido por unha familia de seis persoas que declaran teren nacido personaxes e esgrimen unha pretensión imposible: que alguén represente o seu drama. Dese xeito, a comedia mestúrase coa traxedia, a fantasía coa realidade e personaxes con actores e actriz.

 

«Seis personaxes en busca de autor» é unha das obras máis paradigmáticas e influíntes do teatro do século XX. O mesmo Pirandello encargouse de explicarnos a forma na que xurdiu esta misteriosa peza. Probablemente o primeiro indicio dela atópase nun dos seus contos –«A traxedia dun personaxe»– de acusado carácter humorístico. Cóntanos que el, Pirandello, tiña o antigo costume, os domingos pola mañá, de oito a unha, de dar audiencia aos personaxes dos seus futuros contos. Armábase de paciencia e, durante cinco horas seguidas, escoitábaos e interrogábaos. Os personaxes, ineludiblemente, sempre tiñan a mesma ansia: «Fágame vivir!». Os personaxes desta obra, como nos di o autor no seu prefacio, foron deses aos que o autor daba audiencia. Pero esta vez non eran tres nin catro, senón unha familia enteira, cada un deles coas súas angustias e os seus desexos. Pirandello, por máis que buscaba, non conseguía descubrir o sentido daqueles seis personaxes, e non era cuestión de darlles vida sen un por que nin un para que. Así que despedíaos, ou máis ben intentaba, porque eles obstinábanse en tentalo para que os incluíse nun dos seus relatos. Ata que, farto de todos eles, Pirandello recomendoulles que acudisen ao ensaio dun teatro que, precisamente, se dispuña a estrear unha das súas obras. Quizais aí atoparían o que buscaban. «Seis personaxes en busca de autor» é unha obra cuxa íntima vocación é atopar funámbulos da escena que saiban transitar da comedia ao drama e do drama á comedia.

 

A Tempada de Abonos Afundación ofrece cada ano en Vigo unha selección das mellores montaxes teatrais da escena española. Podes optar por adquirir o abono completo, que permite gozar de todas as representacións a un prezo reducido, ou por comprar entradas individuais. Na primeira parte de 2025, o ciclo xa contou con grandes nomes como María Adánez, María Galiana, José Sacristán e compañías de prestixio coma Els Joglars.

 

Consulta aquí todas as obras da Tempada de Abonos de Teatro Afundación out-dec 2025:

AS AMARGAS BÁGOAS DE PETRA VON KANT | xov 2 OUT | 20.30 h

SEIS PERSONAXES EN BUSCA DE AUTOR | xov 30 OUT | 20.30  h

PIXAMAS OU NON TE VISTAS PARA CEAR | xov 13 NOV | 20.30 h

A BARRACA | mér 26 NOV | 20.30 h

CAMIÑO DA MECA | xov 10 DEC | 20.30 h

 

Non perdas nada da nosa programación consultando a axenda. E para máis espectáculos, agardámoste en Ataquilla.com.

 

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078