• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Teatro LOS LUNES AL SOL, en Vigo

Cultura Teatro Xeral De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Teatro LOS LUNES AL SOL, en Vigo
  • 29-01-2026 29-01-2026 Teatro LOS LUNES AL SOL, en Vigo "Los lunes al sol" retrata cun realismo conmovedor a vida de persoas que loitan por encontrar traballo nun contexto marcado pola precariedade e a competencia. Esta obra forma parte da Tempada de Abonos TEATRO Afundación 2026 Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    29 XAN 2026

  • Horario:

    20.30 h

  • Entrada:

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial
Mercar

Los lunes al sol chega á Tempada de Abonos de Teatro 2026 de Afundación coma unha das propostas máis conmovedoras e necesarias do panorama escénico actual. A obra poderá verse o 29 de xaneiro no Teatro Afundación de Vigo, nunha coidada adaptación teatral do célebre texto de Fernando León de Aranoa e Ignacio del Moral, dirixida por Javier Hernández-Simón.

 

Entradas á venda en Ataquilla.com

 

Colabora co noso proxecto solidario CULTURA POR ALIMENTOS, traendo unha doazón de produtos non perecedoiros para axudar os bancos de alimentos locais. Infórmate!

 

VERSIÓN | Ignacio del Moral e Javier Hernández-Simón

DIRECCIÓN | Javier Hernández-Simón

ELENCO | Mónica Asensio, Marcial Álvarez, José Luis Torrijo, Fernando Cayo, Fermi Herrero, Fernando Huesca, César Sánchez, Lidia Navarro

PRODUCIÓN | GG Producción Escénica e Teatro del Nómada

 

Baseada na inesquecible película gañadora da Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián, Los lunes al sol sitúanos perante un grupo de homes e mulleres que quedaron á marxe do sistema laboral e social. A través de personaxes tan próximos como Santa, José, Lino ou Amador, a obra retrata con honestidade e humanidade a perda do traballo, a erosión da identidade e a identidade e a loita por manter a dignidade cando o mundo segue a avanzar sen agardarte. 

Lonxe do vitimismo, esta montaxe ofrece unha ollada fonda e solidaria sobre a amizade, o apoio mutuo e a necesidade de recoñecérmonos nos outros para seguir adiante. Unha historia de resistencia cotiá que interpela o espectador e convídao a reflexionar sobre a xustiza social, o valor da comunidade e a esperanza, mesmo nos intres de maior incerteza.

Cun elenco de primeira orde e un sólido equipo artístico, Los lunes al sol convértese nunha cita imprescindible para o público que busca un teatro comprometido, emocionante e de gran calidade.

 

A Tempada de Abonos Afundación ofrece cada ano en Vigo unha selección das mellores montaxes teatrais da escena española. Podes optar por adquirir o abono completo, que permite gozar de todas as representacións a un prezo reducido, ou por mercar entradas individuais.

 

CALENDARIO

  • LOS LUNES AL SOL | xoves, 29 XAN

  • YO SOLO QUIERO IRME A FRANCIA | xoves, 12 FEB

  • LA MÚSICA | xoves, 12 MAR

  • LA MUJER ROTA | domingo, 22 MAR

  • MEJOR NO DECIRLO | xoves, 16 ABR

  • QUERIDA AGATHA CHRISTIE | xoves, 7 MAI

  • INMADUROS | xoves, 11 XUÑ 

 

Non perdas nada da nosa programación consultando a axenda. E para máis espectáculos, agardámoste en Ataquilla.com.

Los lunes al sol. Tempada de Abonos TEATRO Afundación 2026
Los lunes al sol. Tempada de Abonos TEATRO Afundación 2026
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078