• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Obra de teatro INMADUROS, en Vigo

Cultura Teatro Xeral De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Obra de teatro INMADUROS, en Vigo
  • 11-06-2026 11-06-2026 Obra de teatro INMADUROS, en Vigo Alfi foxe de calquera compromiso afectivo. Fideo acaba de separarse após de máis de vinte e cinco anos de matrimonio. Dous amigos, dúas formas opostas de entender a vida e unha comedia que, entre gargalladas, nos fai pensar en como nos relacionamos. «Inmaduros», con Carlos Sobera e Ángel Pardo, chega o 11 de xuño ao Teatro Afundación Vigo. Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    11 XUÑ 2026

  • Horario:

    20.30 h

    (Duración: 100 minutos)

  • Entrada:

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial
Mercar

O 11 de xuño ás 20.30 h, o Teatro Afundación Vigo acolle Inmaduros, unha comedia que nos invita a rir desa inmaturidade que, dun xeito ou outro, todo o mundo leva dentro. Esta obra, escrita por Juan Vera e Daniel Cúparo, adaptada e dirixida por Juan Luis Iborra (responsable de series como Aquí no hay quien viva ou La que se avecina) e producida por Arequipa Producciones, chega cun elenco de luxo encabezado por Carlos Sobera e Ángel Pardo.

 

A Tempada de Abonos Afundación de Vigo ofrece cada ano unha selección das mellores montaxes teatrais da escena española. Podes optar por adquirir o abonamento completo, que permite gozar de todas as representacións a un prezo reducido, ou por mercar entradas individuais.

 

Alfi e Fideo son amigos de toda a vida, pero non poden ser máis diferentes. Alfi é publicista, está separado e é alérxico a calquera compromiso afectivo. Fideo é un psiquiatra conservador e leva casado durante máis de vinte e cinco anos coa súa primeira moza. Cando Fideo se separa e aparece na casa de Alfi en busca de consolo, este pon en marcha un plan para presentarlle mulleres que o afasten da melancolía. O que ningún dos dous agarda é que esas mulleres —catro reais e unha virtual, interpretadas por Elisa Matilla, Lara Dibildos, Silvia Vacas e Arianna Aragón— acaben revelándolles o lugar central que o feminino tivo sempre nas súas vidas e, sobre todo, a verdadeira forza da súa amizade.

 

Inmaduros é alta comedia, teatro do absurdo e vodevil en estado puro. Unha obra que fai pensar mentres divirte e que demostra que a comedia, cando se fai ben, é algo moi serio.

 

Esta tempada formamos parte do programa solidario Cultura por Alimentos. Convidámoste a colaborar traendo produtos non perecedoiros ás funcións, que poderás depositar na entrada do teatro para a súa doazón aos bancos de alimentos locais. A túa ilusión compartida móvenos!

 

Podes visitar a axenda web e descubrir todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para informarte sobre outras actividades escénicas.

Obra de teatro «Inmaduros»
Obra de teatro «Inmaduros»
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078