Teatro ICTUS (a derradeira lección de anatomía do Dr. Castelao) de CHÉVERE, en Pontevedra
A nova e agardada obra de CHÉVERE chega á nosa Sede Afundación de Pontevedra o venres 27 de febreiro. ICTUS (a derradeira lección de anatomía do Dr. Castelao) tráenos unha reflexión sobre a memoria, sobre a relación que existe entre a boa memoria e a boa democracia e sobre os traumas que provocan alteracións da memoria persoal e colectiva.
Esta mostra encádrase no programa solidario Cultura por Alimentos. Accede cunha doazón de produtos non perecedoiros para os bancos de alimentos locais.
Máis información
100 min aprox | galego + LSE | NRM 13
DRAMATURXIA/DIRECCIÓN: Xron
ELENCO: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Borja Fernández
PRODUCIÓN: Chévere e Centro Dramático Nacional
ACCESIBILIDADE: esta obra conta con intérpretes de lingua de signos (LSE) en escena e audiodescrición en directo.
Un personaxe entra en escena e conta que sufriu un ictus que lle impide completar os seus recordos. Sabe que tivo o ictus ao saír dun acto que o goberno organizou na Cidade da Cultura para recibir o cadro de Castelao titulado “A derradeira leición do mestre”. Pero non lembra por que estaba alí ou por que lle interesaba ese cadro. Para iso ten que reconstruír todo o que esqueceu. Empeza elaborando un test de memoria que envía a outras persoas que estiveron no acto. Quere saber por que estaba alí. Quere sabelo todo sobre aquel cadro. É o seu xeito de non esquecer o que importa.