Concerto do HAMBURGER ELBPHILHARMINISCHES SEXTETT, en Vigo
O Hamburger Elbphilharmonisches Sextett, unha das formacións camerísticas máis destacadas de Europa, preséntase no Teatro Afundación de Vigo o 19 de maio cun programa dedicado á obra de Johannes Brahms, o gran compositor do Romanticismo alemán.
Este concerto, incluído na Tempada de Abonos de Clásica Afundación 2025, ofrece a oportunidade de gozar da mestría deste sexteto, integrado por músicos da recoñeceda Elbphilharmonie Hamburg. Cun son depurado e un importante coñecemento do repertorio brahmsiano, o ensemble trae obras que destacan pola súa riqueza melódica e harmonías complexas.
Colle xa as túas entradas soltas en Ataquilla.com
Duración aproximada | 1 h 10 min (con pausa)
Sono Takuda-Julius Beck (violíns)
Gabriel Uhde-María Rallo Muguruza (violas)
Fabian Diederichs y Ángel Gcía. Jermann (violoncellos)
I
JOHANNES BRAHMS (1833-1897)
Sexteto de corda no 1, op.18 en si bemol maior (1860)
Allegro ma non troppo
Andante, ma moderato
Scherzo-Allegro molto
Rondo: Poco allegretto e grazioso
II
JOHANNES BRAHMS (1833-1897)
Sexteto de corda no 2, op.36 en sol maior (1864/65)
Allegro non troppo
Scherzo-Allegro non troppo-Presto giocoso Adagio
Poco allegro
O Hamburger Elbphilharmonisches Sextett de Hamburgo reúne talentosos músicos vindos da prestixiosa Orquestra Sinfónica NDR: os violinistas Sono Takuda e Julius Beck, as violistas Gabriel Uhde e María Rallo Muguruza, e os violonchelistas Fabian Diederichs e Ángel García Jermann.
Como quinteto, actuaron na Sala de Cámara da Elbphilharmonie, destacándose pola súa interpretación con instrumentos históricos, creados por recoñecidos luthiers como os italianos Gagliano, Guadagnini e Storioni, xunto cun excepcional violoncelo construído en Madrid en 1762 por José Contreras, coñecido como "o Stradivarius español". Nesta ocasión, amplían a súa formación para presentar os dous Sextetos de corda de Johannes Brahms (Op. 18 e Op. 36), obras cume do repertorio romántico, nunha xira por España que os levará ao noso Teatro Afundación de Vigo.
A música de cámara foi desde sempre o núcleo das súas carreiras. A súa versatilidade e talento leváronos a escenarios da Alemaña, Suíza, Italia, O Xapón, Corea do Sur, A China e Os Estados Unidos.
Este concerto forma parte da TEMPADA DE ABONOS DE CLÁSICA Afundación 2025, pola cal podes facerte cun paquete de recitais de música clásica no Teatro Afundación de Vigo desde xaneiro a xuño con prezos axustados, gozando de descontos ata do 30 %.
Entra e infórmate de toda a programación AQUÍ.
Aproveita para visitares a nosa axenda web e infórmate de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes ou entra na nosa ticketeira Ataquilla.com para máis actividades escénicas.