• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Concerto REAL FILHARMONÍA DE GALICIA en Vigo

Cultura Concertos Xeral De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Concerto REAL FILHARMONÍA DE GALICIA en Vigo
  • 15-05-2025 15-05-2025 Concerto REAL FILHARMONÍA DE GALICIA en Vigo A artista en residencia Amandine Beyer e Baldur Brönnimann propoñen un concerto cativador, que funde o Barroco e o século XXI a través das sutís evocacións que unen as obras de Henry Purcell, Peter Eötvös e Johan Sebastian Bach Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    15 MAI 2025

  • Horario:

    20.00 h

  • Entrada:

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial
Mercar

As composicións de Henry Purcell, Peter Eötvös e Johan Sebastian Bach farán vibrar o auditorio do Teatro Afundación Vigo o 15 de maio. A Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Baldur Brönnimann e a violinista Amandine Beyer, que ademais actuará como solista canda o percusionista Juanjo Guillén, interpretará este recital #2 (EN)FOCO da Tempada de Abonos de Clásica Afundación 2025.

 

Colle xa as túas entradas soltas en Ataquilla.com

 

Colabora co noso proxecto solidario CULTURA POR ALIMENTOS, traendo unha doazón de produtos non perecedoiros para axudar os bancos de alimentos locais. Infórmate!

 

#2 (EN)FOCO

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Baldur Brönnimann, director

Amandine Beyer, directora e violín

Juanjo Guillén, percusión

 

HENRY PURCELL

Curtain Tune on a Ground

 

PETER EÖTVÖS

Speaking Drums

 

HENRY PURCELL

King Arthur (Suite)

 

JOHANN SEBASTIAN BACH

Suite para orquestra núm. 3 en Re maior, BWV 1068

 

 

A artista en residencia Amandine Beyer e Baldur Brönnimann propoñen un concerto cativador, que funde o Barroco e o século XXI a través das sutís evocacións que unen as obras do programa. Comeza cos sons tempestuosos e teatrais, cheos de brillo rítmico de Curtain Tune on a Ground de Purcell, que dan paso a unha obra dunha dramaturxia hipnótica, composta en 2013 por Peter Eötvös, un compositor maxistral, fascinado pola música histórica. En Speaking Drums a percusión apodérase da escena para falar, literalmente, co conxunto da orquestra, dun xeito moi teatral. O diálogo transfórmase en loita na Suite da ópera King Arthur, na que Purcell se centrou máis no transfondo guerreiro da lenda artúrica que no máxico. Bach, a quen cita Eötvös na súa partitura, virá a rebaixar a tensión musical, coa terceira da súas catro suites para orquestra, á que pertence a celebérrima Aria. A suite ábrese cunha fanfarra de fulgor afrancesado que inicia o camiño para unha fuga de gran densidade, característica do xenio do Cantor de Leipzig.

 

Coa participación do alumnado da EAEM

 

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Créase no ano 1996 en Santiago de Compostela, e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia, na cidade de Santiago de Compostela. Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes. Baldur Brönnimann é, desde 2023, o seu director titular e artístico e Sebastian Zinca o seu director. Coa orquestra colaboran os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas de todo o mundo.


A RFG está comprometida en achegar a música clásica a todo o territorio galego, aos públicos máis novos e destaca, ademais, o seu compromiso co patrimonio musical galego. Xestionada polo Consorcio de Santiago, a RFG está financiada pola Administración Xeral do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.

 

Este concerto forma parte da TEMPADA DE ABONOS DE CLÁSICA Afundación 2025, pola cal podes facerte cun paquete de recitais de música clásica no Teatro Afundación de Vigo desde xaneiro a xuño con prezos axustados, desfrutando de descontos ata do 30 %.

Entra e infórmate de toda a programación AQUÍ. 

 

Aproveita para visitares a nosa axenda web e infórmate de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes ou entra na nosa billeteira online Ataquilla.com para máis actividades escénicas.

Baldur Bronniman
Baldur Bronniman
Juanjo Guillén
Juanjo Guillén
Amandine Beyer
Amandine Beyer
Folleto Tempada de Abonos Clásica Afundación 2025 PDF 1,25 MB
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078