Concerto da REAL FILHARMONÍA DE GALICIA, en Vigo
Achégate o 12 de novembro ao Teatro Afundación Vigo para celebrar a clásica cun novo concerto da Tempada de Abonos de CLÁSICA Afundación 2025. Baixo a dirección de Baldur Brönnimann, a Real Filharmonía de Galicia vén interpretar a estrea absoluta da obra de Leticia Goás, Cometa, e de Gabriela Ortiz a obra Clara, para logo dar paso á Sinfonía nº 3 en Mi bemol maior de Schumann.
Colle xa as túas entradas en Ataquilla.com.
Colabora co noso proxecto solidario CULTURA POR ALIMENTOS, traendo unha doazón de produtos non perecedoiros para axudar os bancos de alimentos locais. Infórmate!
Director Baldur Brönnimann
12 NOV | 20.00 h
Duración aprox. 1 h 30 min
A familia Shumann
I
Cometa: TAU*
*Estrea absoluta. A cargo da Real Filharmonía de Galicia
Gabriela Ortiz: Clara
II
ROBERT SCHUMANN
Sinfonía núm. 3 en Mi bemol maior, Op. 97 «Renana»
I. Lebhaft
II. Scherzo: Sehr mässig
III. Nicht schnell
IV. Feierlich
V. Lebhaft
Coa participación do alumnado da EAEM.
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) preséntase nun concerto con dúas estreas: a da Cometa encargada a Leticia Goás (A Coruña, 1999), e a da obra Clara, da compositora mexicana Gabriela Ortiz. A peza está dedicada á pianista e compositora Clara Schumann (1819 – 1896), unha das grandes concertistas do seu tempo e esposa do tamén músico Robert Schumann (1810 – 1856) na difusión de cuxa obra desempeñou un papel fundamental.
No concerto, que leva por título A familia Schumann, a RFG fará dialogar as composicións de Leticia Goás e de Gabriela Ortiz coa Sinfonía núm. 3 en Mi bemol maior, Op. 97 Renana de Robert Schumann. A peza creada por Ortiz, Clara, «é unha obra en cinco movementos que evoca momentos da súa intensa relación con Robert Schumann». Trátase do mesmo número de movementos que ten tamén a Sinfonía núm. 3, que pecha o programa e que «Schumann compuxo», explican dende a Real Filharmonía, «evocando a viaxe que realizaron o matrimonio e os seus sete fillos pola Renania, acompañándoo no seu novo cargo como mestre de capela en Düsseldorf. Todos os estados de ánimo polos que transitou nese período están presentes nesta partitura».
Pianista e compositora, Clara Wieck, polo seu apelido previo ao matrimonio, foi durante moito tempo o sostén económico da familia. Como concertista, tocaba nos principais escenarios de Europa. Só co violinista húngaro Joseph Joachim, considerado un dos máis importantes da historia, tocou en preto de 240 concertos na Alemaña e Inglaterra.
As pezas dos Schumann soarán despois da estrea da Cometa de Leticia Goás que inaugura o concerto. A compositora coruñesa, radicada en Zürich (Suíza) e con obra estreada na Alemaña, España e o país helvético, é un dos novos talentos da composición en Europa. Colabora tamén habitualmente con videoxogos, películas, ou con proxectos relacionados con música electrónica e a danza contemporánea.
A de Leticia Goás é unha das 16 cometas encargadas pola Real Filharmonía de Galicia (RFG) para conmemorar o seu trixésimo aniversario, que se cumpre en 2026. Son, as
cometas conmemorativas da RFG, breves obras sinfónicas, de ata 5 minutos de duración. Oito delas están asinadas por autoras e autores de Galicia; as outras oito compuxéronas profesionais do resto de España.
TEMPADA DE ABONOS CLÁSICA Afundación OUT-DEC 2025
11 DEC | Orquesta Sinfónica de Galicia Sinfonía nº 5 en Si bemol maior de Anton Bruckner
Entra e infórmate de toda a programación.