Teatro AS AMARGAS BÁGOAS DE PETRA VON KANT, en Vigo
Las amargas lágrimas de Petra von Kant inaugura a segunda parte da Tempada de Abonos de Teatro Afundación no Teatro Afundación de Vigo. Ana Torrent sobe ao escenario do Teatro para dar vida a Petra von Kant, unha deseñadora de moda que tras separarse do marido, namora doutra muller. O clásico de Rainer Werner Fassbinder poderá verse o xoves 2 de outubro ás 20.30 h. As últimas entradas dispoñibles poden adquirirse a través de Ataquilla.com.
Últimas entradas dispoñibles en Ataquilla.com.
Colabora co noso proxecto solidario CULTURA POR ALIMENTOS, traendo unha doazón de produtos non perecedoiros para axudar os bancos de alimentos locais. Infórmate!
xov 2 OUT | 20.30 h
85 min | castelán | NRM 18
ELENCO Ana Torrent, Rebeca Matellán, Maribel Vitar, Julia Monje, María Luisa San José
PRODUCIÓN Pentación Espectáculos e Nave 10 Matadero
Petra von Kant, unha exitosa deseñadora que acaba de separarse do seu segundo marido, vive coa súa secretaria Marlene, á que case escraviza. Cando coñece a Karin, unha moza oportunista de orixes humildes, Petra namora perdidamente dela e promete convertela en modelo internacional. As dúas mulleres comezan entón unha tormentosa relación.
Esta obra, escrita febrilmente durante un voo entre Berlín e Los Ángeles e estreada en 1917, pertence ao período máis brillante de Rainer Wener Fassbinder (1946-1982). Ao ano, convertíase en película. Foi eloxiada pola crítica internacional, chegando a ser hoxe un clásico europeo sobre as relacións de poder, a obsesión e a necesidade tóxica de que o resto nos acepte.
Con esta montaxe, que marca o comezo da segunda metade da Tempada de Abonos en Vigo, poderás revivir un texto emblemático que, desde a súa estrea en 1971, cativou a crítica e espectadores pola súa ollada transgresora e a súa capacidade para rachar tabús nunha época de intensos cambios sociais e culturais. O seu éxito foi tal que un ano despois, o propio Fassbinder levouno ao cinema, consolidando a historia como un referente do teatro e do cinema europeos.
A peza, dirixida por Rakel Camacho e cun elenco que completan Rebeca Matellán, Julia Monje, María Luisa San José e Maribel Vitar, ofrece unha fonda reflexión sobre as dinámicas de poder nas relacións persoais, e sobre como os cartos e o desexo poden converterse en ferramentas de dominación. A trama arrinca cando Petra, acabada de separar, namora de Karin, unha moza ambiciosa á que promete lanzar ao estrelato como modelo internacional. A relación entre ambas, porén, axiña se converte nun vínculo tormentoso.
A Tempada de Abonos Afundación ofrece cada ano en Vigo unha selección das mellores montaxes teatrais da escena española. Podes optar por adquirir o abono completo, que permite gozar de todas as representacións a un prezo reducido, ou por comprar entradas individuais. Na primeira parte de 2025, o ciclo xa contou con grandes nomes como María Adánez, María Galiana, José Sacristán e compañías de prestixio coma Els Joglars.
Consulta aquí todas as obras da Tempada de Abonos de Teatro Afundación out-dec 2025:
AS AMARGAS BÁGOAS DE PETRA VON KANT | xov 2 OUT | 20.30 h
SEIS PERSONAXES EN BUSCA DE AUTOR | xov 30 OUT | 20.30 h
PIXAMAS OU NON TE VISTAS PARA CEAR | xov 13 NOV | 20.30 h
A BARRACA | mér 26 NOV | 20.30 h
CAMIÑO DA MECA | xov 10 DEC | 20.30 h
Non perdas nada da nosa programación consultando a axenda. E para máis espectáculos, agardámoste en Ataquilla.com.