Real Filharmonía de Galicia, en Vigo
A Real Filharmonía de Galicia volve ao Teatro Afundación Vigo con motivo da Tempada de Abonos CLÁSICA 2026, con repertorio de Octavi Rumbau, Alberto Evaristo Ginastera e Antonín Dvořák. A velada inclúe a estrea absoluta de I love sounds just as they are, a nova obra de Rumbau. Achégate o próximo 3 de xuño á actuación da orquestra galega, dirixida por Baldur Brönnimann.
Colabora co noso proxecto solidario CULTURA POR ALIMENTOS traendo unha doazón de produtos non perecedoiros para axudar aos bancos de alimentos locais. Infórmate!
PROGRAMA
«Variacións da historia»
I
OCTAVI RUMBAU (1980)
I love sounds just as they are
ALBERTO EVARISTO GINASTERA (1916-1983)
Variacións concertantes, op. 23
I. Tema per Violoncello ed Arpa
II. Interludio per Corde
III. Variazione giocosa per Flauto
IV. Variazione in modo di Scherzo per Clarinetto
V. Variazione drammatica per Viola
VI. Variazione canonica per Oboe e Fagotto
VII. Variazione ritmica per Trombe e Trombone
VIII. Variazione in modo di Moto perpetuo per Violino
IX. Variazione pastorale per Corno
X. Interludio per Fiati
XI. Represa dal Tema per Contrabasso
XII. Variazione finale in modo di Rondo per Orchestra
II
ANTONÍN DVOŘÁK (1841-1904)
Concerto para violonchelo e orquestra en si menor, op. 104
I. Allegro
II. Adagio ma non troppo
III. Finale: Allegro moderato
Consulta o resto dos espectáculos da Tempada de Abonos Clásica na nosa axenda ou descarga o PDF que aparece máis abaixo. Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para informarte sobre outras actividades escénicas.