• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
      • Historias vividas
      • Falamos da escola
      • Fálame da emigración
      • Manifiesto por la solidaridad intergeneracional
      • Voluntariado
    • Programas Espazos+60
      • Cultura dixital
      • Benestar físico e mental
      • Entrenamento cognitivo
      • Educación emocional
      • Aprendizaxe permanente
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Imaxe social
      • 60+ COUNTS. Día Internacional das Persoas Maiores
      • Día Europeo da Solidariedade Interxeracional
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • Voluntariado
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Concerto ZOAR. Orquesta Sinfónica de Galicia en Vigo

Cultura Concertos Xeral De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
{evento-titulo_ga}
  • 22-10-2020 22-10-2020 Concerto ZOAR. Orquesta Sinfónica de Galicia en Vigo Con programa de Robert Schumann e Georges Bizet. Este recital é parte da Tempada de Abonos de CLÁSICA Afundación 2020 Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    22 OUT 2020

  • Horario:

    20.00 h

  • Entrada:

    De pago
Mercar

APRAZADO! Debido ás novas restricións sanitarias que afectan a toda a comunidade galega, adiamos o concerto. En canto se poida, comunicaremos unha nova data.

Colle as túas entradas en Ataquilla.com para asistir a este recital con programa de Robert Schumann e Georges Bizet.

 

Zoar está composto por cinco músicos; frauta: Joan Ibáñez, coprincipal da Sinfónica de Galicia; óboe: David Villa, principal asistente da Sinfónica de Galicia; clarinete: Antonio Suárez, profesor do Conservatorio de Culleredo; trompa: Benjamín Iglesias, profesor do Conservatorio Profesional da Coruña; e fagot: Álex Salgueiro, coprincipal da Sinfónica de Galicia.

Conxunto de cámara estable e activo formado en 2009. Medrou buscando un estilo propio definido pola orixinalidade dos seus proxectos, un firme compromiso coa nova creación, a colaboración con outros artistas e a realización de proxectos pedagóxicos de calidade coa vontade de achegar a súa actividade a todos os públicos. Entre as colaboracións con outros artistas cabe destacar proxectos coa compañía de monicreques de  Kukas, co escritor Manuel Rivas ou o beatboxer Carlos Vidal ‘Lytos’ no proxecto Windbox. No 2014 foron convidados como solistas á Orquestra Gaos e en 2015 ao  VintEnsemble. O interese polo repertorio descoñecido, a recuperación do patrimonio musical esquecido e o compromiso coa nova creación levou ao conxunto para explorar máis aló do repertorio tradicional da música para conxuntos de ventos e a incorporar obras de compositores esquecidos ou estreas de obras xa escritas pero nunca interpretadas.

 

Esta tempada non haberá pausa nos concertos, seguindo as recomendacións da INAEM para garantir a seguridade de público e intérpretes, ademais doutras medidas concretas nos nosos auditorios, que podes ler embaixo de todo.

 

PROGRAMA

ROBERT SCHUMANN

Escenas infantís, op. 15

I. De estraños países e xentes

II. Unha historia curiosa

III. A pita cega

IV. Súplica infantil

V. Abondo contento

VI. Un acontecemento importante

VII. Fantasía

VIII. Na cheminea

IX. Cabaleiro do cabalo de madeira

X. Un pouco serio de máis

XI. Espantoso

XII. Neno adormecendo

XIII. Fala o poeta (Adaptación de Hans Abrahamsen)

GEORGES BIZET

Xogos de nenos, op. 22

I. A randeeira

II. A buxaina

III. A moneca

IV. Os cabaliños de madeira

V. O volante

VI. Trompeta e tambor

VII. Pompas de xabón

VIII. As catro esquinas

IX. A pita cega

X. Ovo, pico, araña

XI. Pais e nais

XII. O baile (Adaptación de Heribert Breuer e Sergio Rodríguez)

 

NOTAS AL PROGRAMA

ROBERT SCHUMANN (1810 - 1876)
Escenas infantís, op. 15

Tense escrito moito sobre a relación de Robert Schumann con Clara Wieck. Na primavera de 1838, a moza pianista, coa firme oposición do seu pai, xa estaba prometida co compositor alemán e atopábase realizando unha xira de concertos. As fondas saudades que sentía Schumann levárono a escribir unha trintena de peciñas. Nunha carta dirixida á súa namorada, afirmou que quizais fosen “un eco do que me dixeches unha vez, que ás veces semellaba un neno”, mais que non eran “exercicios pedagóxicos para dedos mozos, senón máis ben viñetas expresivas e adultas de lembranzas e reflexos da infancia”. Este último feito xa marca unha diferenza entre o seu Álbum para a mocidade (1848) e as Kinderszenen, que foi a obra que xurdiu da selección de trece das citadas pezas. A cada unha delas asignoulle un título, que segundo o autor non pretendía máis que ser un consello para a interpretación. A primeira das escenas, De terras e pobos afastados, ábrese cunha fermosa melodía cun eixo que aparecerá en moitas das pezas seguintes, servindo como nexo de unión. Ao longo da obra vanse atopando motivos cheos de fantasía e delicadeza (coma en Neno mimado ou en Neno adormecendo) e outros que suxiren felicidade (Abondo contento), tranquilidade (Na cheminea), seriedade (Un pouco serio de máis), axitación festiva (Cabaleiro do cabalo de madeira) ou misterio (Espantoso). A sétima é, sen dúbida, a máis famosa do ciclo e unha das máis coñecidas de toda a produción pianística de Schumann, titúlase Fantasía e artéllase en torno a unha melodía sinxela, mais chea de tranquilidade e beleza. A última, Fala o poeta, supón un contraste con todo o escoitado ata entón ao afrontar a visión externa dun narrador adulto, distante á vez que próxima e chea de tenrura mentres contempla a infancia coma un paraíso perdido. Reflicte perfectamente o que afirmou o gran pianista Alfred Cortot ao se referir a esta obra: “precísase soñar esta peza antes de a tocar”.

 

GEORGES BIZET (1838 - 1875)
Xogos de nenos, op. 22

Malia que Bizet foi recoñecido coma un notable pianista, nunca tivo interese en desenvolver unha carreira solista nin tampouco en escribir demasiadas obras para o seu instrumento. O período de disturbios que sucedeu á constitución da Comuna de París en 1871 levou a que o compositor e a súa dona, Geneviève, abandonasen a capital durante uns meses. Pouco despois, no outono, o matrimonio soubo que ían ser pais dun meniño, Jacques, que nacería o 10 de xuño de 1872. A feliz noticia levouno a escribir unha obra inspirada na infancia: Jeux d’enfants. Tratábase dunha suite de dez pezas para piano a catro mans á que engadiu outras dúas antes da publicación, e que logo foron transcritas para orquestra. Bizet era un admirador da música alemá e da de Robert Schumann, mais, a diferenza das Escenas infantís deste, non quixo idealizar a infancia nin as súas arelas, senón simplemente evocar os xogos e o lecer de raparigas e rapaces.

As doce peciñas destacan polo seu enxeño, vivacidade e encanto. A primeira é A randeeira, lenta e elegante cos seus arpexios. Logo chegan A buxaina, cun acompañamento xiratorio a un tema lixeiro, A moneca, unha doce canción de berce, Os cabaliños de madeira, a xeito de marcha, O volante, con motivos ascendentes e descendentes que lembran os movementos dunha pluma de bádminton. Trompeta e tambor é outra marcha, desta vez para soldados de lata, Pompas de xabón é unha peciña saltarica coma as burbullas que estralan no aire, As catro esquinas recrea as carreiras dos rapaces mentres xogan. A pita cega, co seu aire vacilante, contrasta con Ovo, pico, araña, vigoroso e brincadeiro coma o xogo. O momento máis tenro chega coa inxenuidade dos xogos de familia de Pais e nais, rematando a suite cun galop efervescente, O baile.

Sociedad Filarmónica de Vigo – Martín Fernández

 

MEDIDAS COVID-19

1-Uso obrigatorio de máscara en todo o recinto e durante a duración íntegra do espectáculo.

2.-Desinfección obrigatoria de mans ao acceder ao recinto.

3.-Non poderá cambiar a butaca asignada na compra con outro espectador en ningún momento.

4.-O acceso e saída á súa zona asignada deberá efectuarse seguindo as instrucións do persoal da sala para evitar aglomeracións.

5.-O uso de ascensores queda limitado a persoas con mobilidade reducida, priorizándose o uso das escaleiras.

6.-Se vostede presenta síntomas compatibles coa COVID-19 ou estivo en contacto con caso confirmado nos últimos 14 días, por favor, non acceda ao noso centro, íllese no seu domicilio e contacte co seu centro de saúde máis próximo.

 

 

Folleto da Tempada de Clásica. OUT-DEC 20 PDF 732 KB
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
    • Programas Espazos +60
    • Imaxe social
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • Voluntariado
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078