Concerto Philharmonisches Streichquintett Berlin, en Vigo
O Teatro Afundación de Vigo recibirá o vindeiro 25 de febreiro a Philharmonisches Streichquintett Berlin, o Quinteto de Cordas da Filharmónica de Berlín. A formación musical alemá interpretará pezas de Wolfgang Amadeus Mozart e Antonín Dvořák. O concerto é o segundo dos 7 programados na Tempada de Abonos de Clásica no primeiro semestre do ano. As persoas que queiran asistir e non dispoñan de abonos a prezo reducido poden tratar de conseguir algunha das escasas entradas que aínda están dispoñibles en Ataquilla.com.
Esta mostra enmárcase no programa solidario Cultura por Alimentos. Accede cunha doazón para os bancos de alimentos locais.
Máis información
Violín Luiz Felipe Coelho e Romano Tommasini
Viola Wolfgang Talirz
Violonchelo Tatjana Vassiljeva
Contrabaixo Gunars Upatnieks
Clarinete Miguel Ángel Tamarit
25 FEB | 20.00 h
Duración aprox. 1 h 8 min (con pausa)
PROGRAMA
I
WOLFGANG AMADEUS MOZART (1756-1791)
Quinteto para clarinete en la maior, K581
1. Allegro
2. Adagio
3. Menuetto. Trio I. Trio II
4. Allegretto con variazioni
II
ANTONÍN DVOŘÁK (1841-1904)
Quinteto de corda núm. 3 en mi bemol maior, op. 97 «American»
1. Allegro no tanto en mi bemol maior
2. Allegro vivo en si maior
3. Larghetto en la bemol menor
Theme - Larghetto
Variation I - Un poco più mosso
Variation II - Poco più mosso
Variation III - Un poco più mosso
Variation IV - Poco meno mosso
Variation V - Un poco più mosso
Coda - Meno mosso
4. Finale (Allegro giusto) en mi bemol maior
O Philharmonisches Streichquintett Berlin está composto por violín, viola, violonchelo, contrabaixo e clarinete. É único na súa formación: normalmente, os quintetos engaden aos cuartetos de corda clásicos unha viola ou un cello adicional. Neste caso, é o clarinete o instrumento engadido. Tócao o valencián Miguel Ángel Tamarit.
Todos os integrantes do Philharmonisches Streichquintett Berlin son membros titulares da Orquestra Filharmónica de Berlín, o que garante unha precisión técnica e unha profundidade interpretativa ao alcance de moi poucas formacións. Ao longo da súa traxectoria, percorreron os escenarios máis prestixiosos de Europa e Asia.
Mozart e Dvořák
O programa elixido para o concerto do mércores 25 de febreiro compóñeno o Quinteto para clarinete en la maior, K581 de Wolfgang Amadeus Mozart, e o Quinteto de corda núm. 3 en mi bemol maior, Op. 97 American de Antonín Dvořák. O Quinteto para clarinete en la maior, K581 de Wolfgang Amadeus Mozart é unha peza especialmente prezada do compositor austríaco pola súa luminosidade e o diálogo entre o vento e a corda. A obra de Antonín Dvořák que interpretarán, composta durante a estadía do músico en Estados Unidos, reflicte influencias do folclore do Novo Mundo.
Para máis información da TEMPADA DE ABONOS DE CLÁSICA Afundación 2026, entra na ligazón ou descarga embaixo o folleto en PDF.