Visita alumnado Máster Psicoxerontoloxía USC - Espazo +60 Santiago
O 10 de novembro de 2025, de 17.00 a 18.30 h, o alumnado do Máster en Psicoloxerontoloxía, acompañado polo seu profesorado, realizará unha visita ao Espazo +60 de Afundación, enmarcada dentro da súa programación práctica para o coñecemento de entidades e recursos vinculados ao envellecemento activo.
Durante o encontro, as persoas participantes coñecerán de primeira man o labor de Afundación como entidade da Obra Social de ABANCA, e o funcionamento da súa rede de Centros da área de maiores, un referente en Galicia pola súa traxectoria e compromiso co benestar e a participación activa das persoas maiores.
A actividade inclúe unha presentación sobre a filosofía e os obxectivos do programa Espazos +60, así como unha visita polas instalacións e unha conversa coa equipa técnica, que lles permitirá comprender o impacto social e educativo das iniciativas que se desenvolven dende Afundación para promover un envellecemento saudable, activo e participativo.