• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Conócenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposiciones
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Belenes Afundación
    • Publicaciones
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Mayores
    • Programas
      • Catedra Logevidad
      • Aprendizaje permanente
      • Bienestar físico
      • Cultura digital
      • Conociendo las emociones
      • Entrenamiento cognitivo
      • Ocio activo
      • Valor de la experiencia
    • Espacios +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Hazte voluntari@
    • Programas +Sociales
      • Ayudar a Ucrania
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear y conversar
  • Agenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

As persoas maiores protagonizan nos Espazos+60 de Afundación unha acción colectiva contra o idadismo

Maiores Imaxe social Xeral
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
As persoas maiores protagonizan nos Espazos+60 de Afundación unha acción colectiva contra o idadismo
  • 01-10-2025 01-10-2025 As persoas maiores protagonizan nos Espazos+60 de Afundación unha acción colectiva contra o idadismo Coincidindo coa celebración do Día Internacional das Persoas Maiores instituído pola ONU Espazo +60 Betanzos Cantón de San Roque, 3. Betanzos (A Coruña)//Espazo +60 Ferrol Praza da Constitución, s/n. Ferrol (A Coruña)//Espazo +60 Pontedeume Ferreiros, 20. Pontedeume (A Coruña)//Espazo +60 Santiago de Compostela Carreira do Conde, 18 baixo. Santiago de Compostela (A Coruña)//Espazo +60 Lugo Carril do Mercado, 1. Lugo (Lugo)//Espazo +60 Monforte de Lemos Cardeal Rodrigo de Castro, 18. Monforte de Lemos (Lugo)//Espazo +60 Viveiro Av. Mariña, 49. Viveiro (Lugo)//Espazo +60 Ourense Rúa do Paseo, 6. Ourense (Ourense)//Espazo +60 Pontevedra Praza San Xosé, nº 3. Pontevedra (Pontevedra)//Espazo +60 Vigo Policarpo Sanz, 26 - 2ª planta. Vigo (Pontevedra)//Espazo +60 A Coruña Rúa Alta, 7. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Espazo +60 Betanzos

    Cantón de San Roque, 3. Betanzos (A Coruña)


    Espazo +60 Ferrol

    Praza da Constitución, s/n. Ferrol (A Coruña)


    Espazo +60 Pontedeume

    Ferreiros, 20. Pontedeume (A Coruña)


    Espazo +60 Santiago de Compostela

    Carreira do Conde, 18 baixo. Santiago de Compostela (A Coruña)


    Espazo +60 Lugo

    Carril do Mercado, 1. Lugo (Lugo)


    Espazo +60 Monforte de Lemos

    Cardeal Rodrigo de Castro, 18. Monforte de Lemos (Lugo)


    Espazo +60 Viveiro

    Av. Mariña, 49. Viveiro (Lugo)


    Espazo +60 Ourense

    Rúa do Paseo, 6. Ourense (Ourense)


    Espazo +60 Pontevedra

    Praza San Xosé, nº 3. Pontevedra (Pontevedra)


    Espazo +60 Vigo

    Policarpo Sanz, 26 - 2ª planta. Vigo (Pontevedra)


    Espazo +60 A Coruña

    Rúa Alta, 7. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    1 de outubro do 2025

Co obxectivo de «abrir a conversa sobre o idadismo» Afundación invitou ás persoas socias dos 11 Espazos +60 que ten nas catro provincias a «facer un xesto colectivo», coincidindo coa conmemoración do Día Internacional das Persoas Maiores, instituído pola ONU en 1990 e que se celebra anualmente cada 1 de outubro.

Ao longo de toda a xornada, en cada unha das actividades que se desenvolven nos Espazos +60 da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo, Ferrol, Betanzos, Monforte, Pontedeume e Viveiro, leuse un manifesto en defensa do lema «por unha sociedade libre de idadismo», no que se expresa a necesidade dunha «ollada que celebre a diversidade en todos os ámbitos, que constrúa un modelo de convivencia interxeracional unindo forzas, compartindo saberes e aprendendo xuntos e xuntas, proclamando que cada ano suma valor, non resta» e se aposta «por unha sociedade para todas as idades e todas as persoas, construída en común».

Así mesmo, convidouse ás persoas socias a compartir as súas reflexións escribindo en tarxetas unha resposta á pregunta «Que quero seguer a facer sen que a idade me free».

MANIFIESTO:

Hoxe, Día Internacional das Persoas Maiores, reafirmamos que envellecer é a expresión dun percorrido vital, unha fonte de valor que merece ser celebrada e respectada por toda a sociedade. Cada persoa maior experimentou unha existencia de cambios, aprendizaxes, esforzos e achegas que contribuíron á configuración do mundo no que hoxe vivimos.

Traballamos por unha comunidade que valore a experiencia e erradique o idadismo en todas as súas formas. Promovemos unha ollada sen estereotipos limitantes, sen prexuízos que xeran exclusión; unha ollada que impulse accións, prácticas e políticas, que garantan os dereitos e a igualdade de oportunidades con independencia da idade.

Demandamos un trato baseado no respecto, que recoñeza as nosas características individuais, a nosa autonomía e a nosa dignidade. Reivindicamos unha comunicación que evite a condescendencia e nos visibilice como persoas con capacidade de seguir decidindo, aprendendo, creando e emprendendo novos proxectos. Do mesmo xeito, avogamos pola eliminación das barreiras que impidan a nosa plena participación, como a discriminación laboral, o desigual acceso a tratamentos e servizos de saúde ou o deseño de tecnoloxías e espazos públicos que nos exclúen.

Manifestamos a necesidade dunha ollada que celebre a diversidade en todos os ámbitos. En especial, destacamos a valiosa contribución das mulleres maiores e promovemos unha cultura que aprecie a beleza da experiencia e da autenticidade, liberándonos de canons imposibles que só xeran malestar. Día Internacional das Persoas Maiores Lema: “Por unha sociedade libre de idadismo”.

Aspiramos ao recoñecemento dunha cidadanía de pleno dereito, para decidir, cocrear e participar activamente na vida comunitaria, política e cultural. Lonxe de sermos unha carga, somos piares para o progreso, axentes clave na conciliación familiar e provedores esenciais de coidados. A nosa experiencia, resiliencia, vitalidade e creatividade enriquecen e fortalecen o tecido social.

Defendemos un modelo de convivencia interxeracional baseado na colaboración e no respecto mutuo. Rexeitamos calquera discurso que pretenda enfrontar a mocidade e as persoas maiores, porque temos o convencemento de que o futuro se constrúe da man, compartindo saberes, escoitándonos e aprendendo unhas persoas das outras. O diálogo e a solidariedade entre xeracións son a base máis sólida para unha sociedade xusta, innovadora e cohesionada.

Hoxe, erguemos colectivamente a nosa voz para proclamar que: cada ano vivido suma valor, experiencia e sabedoría. Esiximos políticas, espazos e actitudes que favorezan un envellecemento activo, saudable e participativo, que nos permitan seguir gozando, aprendendo, desenvolvéndonos e achegando.

Por iso, neste 1 de outubro, declaramos:

O noso compromiso cunha sociedade onde a diversidade de idades sexa recoñecida como unha riqueza colectiva que fortalece a democracia.

A nosa convicción de que o respecto, a inclusión e a colaboración son os alicerces dun futuro sostible para todas e todos.

A nosa determinación para traballar en conxunto con todas as xeracións na construción dunha sociedade libre de idadismo.

Estamos aquí presentes coa enerxía e a experiencia para seguir participando e contribuíndo. Por unha sociedade para todas as idades e todas as persoas, construída en común.

  • Español
  • Conócenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicaciones
    • Centros
  • Mayores
    • Programas Espacios +60
    • Espacios +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociales
  • Agenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servicios
  • Aviso legal y política de privacidad
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078