Concerto Mordem. A Coruña
O 4 de novembro a Sede Afundación da Coruña continúa coa súa cápsula de experiencias innovadoras co concerto de Mordem dentro da programación de Acreativa, un proxecto que ten por obxectivo presentar as novas tendencias e vangardas culturais.
A palabra galega «morden», sacada dun poema de Rosalía de Castro, serviulle a Elba Fernández para bautizar o seu novo proxecto, Mordem, co que presenta o seu primeiro disco, Fragments to dominate the silence.
Elba deuse a coñecer en 2010 baixo o pseudónimo de Jane Joyd, e coa súa primeira maqueta resultou gañadora do Proyecto Demo 2011 de Radio 3 e o Festival Internacional de Benicàssim. As cordas e o folk do seu anterior traballo dan paso agora a sons máis variados, ás veces achegados ao trip hop, outras ao novo R&B, o ambient, o pop ou o dream pop, vertebrando un novo estilo máis nórdico e menos americano.
Entrada: 10 € anticipada / 14 € billeteira