Día das Letras Galegas na Escola Infantil de Zalaeta
Para celebrar o Día das Letras Galegas, a Escola Infantil de Zalaeta celebrará una festa con carácter interxeracional o venres 16 de maio desde as 15.00 ata as 17.00 horas. O teatro de monicreques do Centro de Maiores Fundación Novacaixagalicia da Coruña tamén participará na celebración narrando aos cativos uns contos en galego.
Despois, os nenos do centro, canda seus pais e avós, continuarán a festa no patio onde haberá uns gaiteiros.