Cociña infantil: «Galicia no padal» en Vigo
IMPARTIDO POR: Adriana del Río Miranda.
DIRIXIDO A: Nenos con idades comprendidas entre 8 a 14 anos.
OBXECTIVO: Achegar os nenos ao mundo da cociña mediante un método didáctico e divertido.
DESENVOLVEMENTO: Coa chegada do outono, a nosa terra comeza a dar os seus froitos. Os pequenos da casa prepararán receitas con produtos de tempada e aprenderán dun xeito práctico os beneficios que nos achegan.
PROGRAMA: O curso estrutúrase en catro clases de dúas horas cada unha en que se elaborarán os seguintes pratos:
Os reis do outono
- Rissoto de champiñóns
- Torradas con crema pasteleira
Como vexetais nas tortas
- Ensalada de laranxa e queixo fresco
- Torta de cenoria
Os manxares de toda a vida
- Fideos con ameixas
- Mousse de tetilla con marmelo
Celebrando o Samaín
- Tostas de lacón con grelos
- Magdalenas de cabazas
DÍAS: 8, 15, 22 e 29 de outubro.
HORA: 11.00 a 13.00 h.
MATRÍCULA: 50 euros