Pontevedra sentimental
- Autor(es)
-
FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Francisco
FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Francisco
Fernández del Riego convídanos a descubrir a amable cidade de Pontevedra, compartindo as súas vivencias na vila do Teucro. Solar de fidalgos e mareantes, íntima e cosmopolita, as súas rúas algareiras e as súas prazas convidan ao encontro acougado e constitúen unha sinfonía en pedra moldeada con delicadeza polos canteiros. Acompañan o relato notas históricas de Javier Mosquera e apuntamentos de Álex V. Palacios como complemento visual.
Pontevedra sentimental é o terceiro volume dunha serie de seis títulos das mesmas características, un percorrido afectivo deste egrexio intelectual galeguista polas cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, A Coruña, Lugo e algunhas vilas de Galicia.
Apuntes históricos: Javier Mosquera
Ilustracións: Álex Vázquez-Palacios
Caixanova, 2001
2002
Encadernación en tapa dura, 171 páxinas, ilustracións, debuxos a unha tinta, 25 x 35 cm